Esta semana para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos
da Infancia os alumnos e alumnas de 1º e 3º de ESO realizaron unha actividade
de contacontos para o alumnado de primaria.
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”,
ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez Fernández, descubrimos á importancia da educación; o que
supón non saber ler nin escribir e a sorte que temos de poder ter uns mestres e
mestras que nos ensinan tantas cousas. Tamén nos axuda a comprender que
debemos aproveitar a oportunidade que
temos de ir á escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non
como Antón, o protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en
aprender ata que descubriu o importante que era saber ter coñecementos.
É unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación. Un dereito fundamental que todos os nenos e
nenas do mundo deberían, aínda que continúa
sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas en moitos países.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á educación está amplamente recoñecido en
numerosas Convencións e Tratados Internacionais, hai 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola
e outros tantos reciben unha educación
descontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o
teñen. Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumprimento deste dereito que
se está a dar en tantas partes do mundo.
Ao final actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron
a cada unha das aulas cunha pequena
semente que simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente,
despois de coidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que
recibamos cada un de nós.
As profes Meli e Pamen recibindo o agasallo da semente para plantar en cada súa aula
No hay comentarios:
Publicar un comentario