Con motivo da celebración do día
da Ciencia en Galego, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía, o departamento de
Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística propoñen un proxecto para
achegar a ciencia ao mundo da Arte a través das letras, no que o alumnado xoga
un papel protagonista. O proxecto desenvólvese en tres fases.
Na primeira semana, o
departamento de Bioloxía-Xeoloxía proporciónalle ao seu alumnado 33 fotografías
das presentadas aos premios VII premio de
fotografía de la ciencia 2016, Wildlife
2017, Stunning science 2017, Best microscope photo of the year 2017, sen título
nin autor, xunto cun formulario para que os discentes de cada grupo seleccionen
as 7 fotografías que máis lles gustan.
A continuación, na materia de
Bioloxía-Xeoloxía, as 4 fotografías máis votadas por ese grupo distribúense en
subgrupos, para que cada subgrupo traballe cunha soa fotografía. Se houbera
empate en distintos cursos, priorízanse os niveis inferiores sobre os
superiores, para facilitarlles a análise das fotografías elixidas, debido ao
seu menor percorrido académico. Unha vez que cada subgrupo ten asignada unha
fotografía comeza a segunda fase.
Na segunda fase, cada estudante de cada
subgrupo achega un fragmento dun texto literario en prosa ou en verso,
seleccionado da Biblioteca Virtual de Galicia, que escollen na casa, para poñer
voz ás fotografías máis votadas da súa aula, tendo en conta o criterio Que emocións,
sentimentos che producen estas fotografías?.
Cada texto seleccionado irá cunha
xustificación do porqué se seleccionou ese texto. Logo, na materia de Lingua
Galega, os estudantes de cada subgrupo escollen so un texto, aquel que eles
consideren que mellor se adapta ao que lles transmite a fotografía.
Por último, na derradeira fase,
na semana da ciencia en galego, realizarase a exposición-concurso Ciencia, Arte
e Literatura: as emocións entroncadas.
Expoñeranse as 20 fotografías seleccionadas, co pé de foto que indica o
autor/a, título orixinal, premio fotográfico, texto literario escollido e
autores da selección. Ademais, proponse que na hora de
lectura do día 6 de novembro se lean eses textos e que algún membro dos grupos
xustifiquen a selección dese texto.
Un grupo de expertos (docentes
das áreas de Ciencia, Arte e Literatura) premiará as tres mellores asociación
de foto-texto seguindo os criterios que se enumeran nas bases do concurso.
Xurado: Departamento de
Matemáticas, Departamento de Física e Química, Departamento de Xeografía e
Historia, Departamento de Língua Castelá, Departamentos de Francés e Inglés e
Equipo de Dinamización Lingüística.
Agradecemos a colaboración da
Concellería de Educación do Concello de Ares. Posteriormente as fotografías
exhibiranse nos locais do Concello (Biblioteca, Casa da Xuventude...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario