O día 5 de maio do 2017, os alumnos do CPI As Mirandas de Ares de 1º de Primaria acompañados polas súas profesoras, realizaron no Mosteiro de Santa Catalina de Ares unha clase práctica de coidado do medio ambiente. Plantaron mirto nos claros do xardín, cada alumno plantou unha estaca procedente das plantas que xa existen no mesmo co fin de non introducir posibles plantas infectadas. Tamén se colocou unha placa co nome da especie en Galego, castelán e inglés, así como un código QR coas características da planta, deste xeito, calquera que nos visite poderá saber as características desta especie, a máis abundante no xardín .
Realizaron tamén unha visita guiada a fin de coñecer os claustros do mosteiro. Con posterioridade realizaron un traballo escolar no que contaron o aprendido: de historia, arte e coidado do medio e por suposto de convivencia. Para finalizar realizaron xogos cooperativos . Esta actividade foi realizada en colaboración co Centro CPI As Mirandas, o Concello e a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Esta asociación quere manifestar o seu agradecemento pola decidida colaboración na difusión do coñecemento e coidado do BIC da comarca. A realización desta actividade ten como obxectivo difundir e coidar o Mosteiro.
Grazas aos profesores e aos alumnos de 1º de Primaria.
Asociación de amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario