jueves, 29 de enero de 2015

CELEBRACION DO DÍA DA PAZ NO NOSO COLE.

Hoxe 30 de xaneiro celébrase en todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia,  pero recordade que a paz non é só cousa dun día, dunha data siginificativa, senón que a paz é cousa de todos os días e temos que axudar a construíla cos nosos pequenos actos de cada día.
No noso centro fixemos unha morea de actividades en todos os cursos desde infantil ata primaria e secundaria. Así, os rapaces da ESO realizaron unha serie de debuxos relativos á paz que foron convertidos en pegatinas e que repartiron os alumn@s de 1º ESO polas distintas aulas, ademáis de falarlles un pouquiño aos mais pequenos do significado desta data.



A nosa brillante ilustradora Ana Martínez (3º ESO) realizou este estupendo cartel para conmemorar este día.

Por outra banda os rapaces de 4º ESO realizaron unha sesión de contacontos para os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria. Alba, Noe, Andrea, Begoña e José Manuel levaron a termo esta sesión. Os pequenos desfrutaron moito cos contos “A espada pacifista” e “En busca da Paz”, que tan ben ilustraron na ESO con imaxes dos clicks de Famobil.



Por último os alumnos e alumnas de 2º ESO realizaron un estupendo vídeo sobre a paz que podedes ver a continuación.

             

FELIZ DÍA DA PAZ e xa sabedes, intentemos construíla e celebrar a paz de todos os días: a convivencia, o respecto, compartir vivencias xuntos...para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario