miércoles, 23 de diciembre de 2015
BO NADAL
COS NOSOS TRABALLOS DE PLÁSTICA ,FEITOS CON MOITO CARIÑO, QUEREMOS DESEXAR QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS.
ALUMNOS DE 5º e 6º
jueves, 17 de diciembre de 2015
lunes, 14 de diciembre de 2015
jueves, 10 de diciembre de 2015
SESIÓN DE CONTACONTOS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Hoxe 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar
esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade
de contacontos para os pequerrechos de infantil. Decir que este contacontos
retomarase á volta das vacacións para que todos os alumnos de primaria poidan
gozar desta historia que tan ben ilustraron, escribiron e contaron as
alumnas de 4º da ESO. (Ana Martínez, Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba
Teijeiro e Lara Rey)
A través do conto “Antón, o neno que
non quería ir á escola”, descubrimos
á importancia da educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte
que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas.
Tamén nos axuda a comprender que debemos aproveitar a oportunidade que temos de ir á
escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o
protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que
descubríu o importante que era saber ler.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á
educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e
Tratados Internacionais, hay 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola
e outros tantos reciben unha educación
discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen.
Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á
Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.
A EDUCACIÓN CAMBIA O
MUNDO!!!
POLO DEREITO Á EDUCACIÓN DE
TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO
Grazas aos nenos e nenas de infantil que estiveron tan atentos coma sempre e que se foron super contentos co agasallo que levaron cada un deles: un precioso lápiz que os axudará no seu proceso de aprendizaxe.
Aquí vos deixamos o conto de Antón.
miércoles, 2 de diciembre de 2015
SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR OS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DOS NENOS.
Neste primeiro trimestre do ano hai dúas datas de suma
importancia nas que se conmemoran, por un lado “O Día dos dereitos dos
nenos” (20 de novembro) e por outro, o “Día dos Dereitos Humanos” (10
decembro). Por iso o alumnado da ESO convida a todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil á
representación do conto “Antón: o neno que non quería ir á escola”.
O conto ilustrado integramente por Ana Martínez Fernández
coa colaboración de Paola Toribio e adaptado ao galego por Mayolla Martínez Dragó é unha historia para
reflexionar sobre a importancia da educación. Este dereito é un dereito fundamental que
todos os nenos e nenas do mundo deben ter, xa que lles permite adquirir
coñecementos e alcanzar así unha vida social plena. Ademais o dereito á
educación é vital para o desenvolvemento económico, social e cultural de todas
as sociedades. Sen embargo continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e
nenas do mundo.
A través do conto de Antón descubriredes á importancia deste
dereito: un dereito fundamental e universal.
Esperámosvos!!!
As sesións realizaranse na sala de usos múltiples de
secundaria.
Organizan e colaboran: Departamento de EDLG, Departamento de
Reli, Departamento de Lingua Galega.
OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ORAL: PRESENTÁMONOS COA MÚSICA
Os nenos e nenas de 4º de primaria dánsenos a coñecer empregando a música e a súa creatividade. Escoitade que ben o fan!!!!
Etiquetas:
Obradoiro de comunicacion oral. 4º primaria
A PALABRA XUSTA: UNHA DEFENSA APAIXOADA DO OFICIO DE MESTRE
Hoxe queremos compartir con vós o trailer do documental A Palabra Xusta. Unha película na que
Antía Cal fai unha defensa apaixoada do oficio de mestre. Nas palabras desta
muller de 92 anos está a sabedoría dos que se enfrontan todos os días á
educación e á formación dos nenos e mozos.
Vale a pena ver a súa testemuña!!!
Picade na imaxe para velo.
V CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
Polos dereitos da
infancia
Un ano máis o noso centro
organiza a V Carreira Quilómetros de
Solidariedade. Esta carreira, enmarcada dentro das actividades solidarias
do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda,
espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as
inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra
banda, recadar fondos en colaboración coa ONG
“Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que
se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria, o alumnado aboará 1 € por inscribirse na
carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo
de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente”
queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá
facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a
recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de
desenvolvemento e emerxencia que esta ONG
leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis
empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula
Mayobre estará connosco e apoiará
esta causa coa súa presenza,
participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.
ORGANIZACIÓN
ESO: Saída as 10:30 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo,
Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio polo
muelle.
Primaria: Saída do colexio as 11:30 horas. As carreiras faranse por
categorías no paseo marítimo dirección nautico a partir das 11:45 horas.
Infantil: A carreira terá lugar as 13:00 horas no pavillón do
colexio.
Agradecemos a todo o alumnado a súa
participación e solidariedade e
invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 17 de decembro, saian a rúa a
apoiar aos nosos corredores solidarios.
OPERACION QUILO DE NADAL
Estimadas familias:
Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración para levar a termo a OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa.
Estamos ante unha época na que diversas institucións como Cáritas ou a Cociña Económica seguen demandando a colaboración de toda a sociedade, e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso gran de area.
Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, dende novembro ata o 11 de decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.
Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
sábado, 28 de noviembre de 2015
NEIRA VILAS: SEMPRE NA MEMORIA

"Eu só quería contar o que pasaba na aldea, fronte á
visión idílica, bucólica e humorística que había". Sen máis. Así respondía
Neira Vilas cando lle preguntaban por Memorias dun neno labrego e pola feliz
excepción na nosa literatura que supoñen os seus 600.000 exemplares vendidos.
Sobrábanlle as teorizacións. Só quixera -salientaba nas entrevistas- dicir a
verdade. Fronte á visión chocalleira e folclórica do rural. Escoitalo a el, na
súa casa de Gres, (Vila de Cruces), era, tamén, por momentos, como ouvir o seu
personaxe, Balbino, décadas despois. “Coma quen dis, un ninguén”. Un “ninguén”
que falou por todos os outros ninguén, que somos nós. Non só os rapaces de
aldea. Anos despois, nos 70, chamáronlle literatura social-realista. Denuncia
da opresión dos subalternos. Pero el xa o fixera. Coma Blanco-Amor, a quen
citaba como referente. E non precisaba etiquetas.
Neira Vilas, sempre na memoria, e inmortalizado por Balbino,
representante da súa obra por antonomasia.
lunes, 16 de noviembre de 2015
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Dí o refraneiro popular que "A castaña ten unha maña
que se vai con quen a apaña" e aínda que no noso cole non fumos a apañar as castañas, comímolas no magosto celebrado este pasado venres no noso cole. Con moita alegría, xogos e cantos, os nenos e nenas gozaron no recreo desta festa popular.
Aqui tedes o resultado da xornada!!!
jueves, 5 de noviembre de 2015
Novembro: mes da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS
Aquí vos deixamos un enlace a través do cal poderedes acceder a unha interesante recompilación de materiais de ciencia en galego.
PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER A EL
miércoles, 4 de noviembre de 2015
ANTOLOXÍA POÉTICA MULTIMEDIA
Premendo na imaxe accédese a unha selección de poemas
musicados, cantados o recitados, para o traballo na aula. Atopamos poemas de
Rosalía de Castro, Bécquer, Antonio Machado, Dámaso Alonso, Gloria Fuertes...En
fin... un verdadeiro tesouro da nosa poesía.
sábado, 31 de octubre de 2015
CHEGA O SAMAIN
Chega o Samain e con el as castañas, as caveiras de melón,
os calacús, os cogumelos, os froitos de inverno; chegan as augas e
mergullámonos no inverno, vaise a calor e vén o frío: son os tempos do Samaín.
A que isto escribe pasou esta semana a facer unha visitiña por infantil e
primaria e a verdade que quedei abraiada por todas as cousas que @s profes
xunto cos seus alumn@s estiveron a facer.
No seguintes vídeo podedes ver as cousiñas que
os nenose nenas do noso cole, fixeron neste outono para
celebrar o samaín.
E Para que teñades unha idea acerca desta festa, a continuación poderedes ler un texto sobre a Santa Compaña. Que disfrutedes TERRORIFICAMENTE!!!
A SANTA COMPAÑA
Segundo a tradición galega, a procesión da Sta. Compaña está
composta por espectros de mortos ou almas en pena.
Os espíritus dos mortos saen cada noite sobre as doce
partindo dunha igrexa e marchan en dúas ringleiras portando fachos.
A procesión vai encabezada por unha persoa viva portando
unha cruz.
O portador da cruz non pode en ningún momento volver a vista
nin renunciar ao seu posto durante toda a súa vida. Só quedará liberado cando
cruce no seu camiño con outra persoa a quen lle entregar a cruz.
Para evitar reemprazar ao portador da cruz, as persoas que
se atopen coa Santa Compaña deben trazar un círculo no chan e meterse dentro
del ou botarse boca abaixo.
Tamén deben permanecer en silencio para que os espíritus non
se percaten da súa presenza.
Xa sabedes. Se vos atopades coa Santa Compaña...
SILENCIO! non vaia ser que vos vexan.
jueves, 29 de octubre de 2015
lunes, 26 de octubre de 2015
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web, na que un investigador galego da Universidade de Santiago de Compostela achegará temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolve na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
jueves, 8 de octubre de 2015
martes, 29 de septiembre de 2015
PREMIO LITERARIO NORTEAR
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Direçao Regional de Cultura do Norte (Portugal) xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal convocan o Premio Literario Nortear. O seu obxectivo fundamental é fomentar a creatividade literaria entre a mocidade escritora que reside na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Poden participar todas aquelas persoas nacidas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. Podedes consultar as bases da convocatoria:
jueves, 24 de septiembre de 2015
sábado, 20 de junio de 2015
DESPEDIMOS AOS NOSOS ALUMNOS/AS DE 4º ESO
Nun acto de despedida no que houbo tamén espazo para as
bágoas que comezaron a asomar a través da lectura dalgunha carta de despedida,
os alumnos e alumnas de 4º da ESO recibiron as súas respectivas orlas de fin de
ciclo. No emotivo acto estiveron presentes os profesores da ESO así como
compañeiros e compañeiras dos nosos rapaces que xa nos deixan despois de tantos
anos neste centro.
Dende aquí queremos desexarlles de corazón, toda a sorte do
mundo na nova andaina que comezan e recordarlles que sempre terán abertas as
portas deste o seu colexio. Esperemos que veñan a facernos algunha visitiña de
vez en cando.
En hora boa a todos eles!!!
Aquí tedes o vídeo co que o noso cole agasallou aos rapaces/as
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CONCURSOS E CERTAMES DO CURSO 2014-2015
Para rematar este acto os alumnos e alumnas de 1º A
sorprendéronnos a todos cun musical.
Un claro exemplo de inclusión. Gracias a Luisa, Pilar e
David polo voso esforzo e dedicación.
INTERPRETACIÓN DO CONTO " O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS"
Os alumnos de
4º ESO
con optativa de plástica e varios alumnos de 3º ESO, volvemos ensaiar o
conto, xa representado o ano pasado a finais de curso para os alumnos de
infantil: “O Incrible neno devorador de libros”. Nesta ocasión fíxose a
representación para os nenos de 2º e 3º de primaria. A actividade foi unha colaboración dos departamentos de plástica,
música, lingua galega e o EDLG.
Os alumnos de
4º encargáronse de crear e dar vida aos bonecos cos que representabamos a
historia, e os alumnos de 3º fixéronse cargo da música e da narración da mesma.
Unha actividade máis que nos axuda a comprender
que o traballo en equipo sempre da bos resultados.
Aquí tedes unha mostra da estupenda representación
Etiquetas:
O incrible neno devorador de libros 2015
jueves, 18 de junio de 2015
VIAXE DE 5ºe 6º
COMO VIAXE DE FIN DE CURSO, OS RAPACES DE 5º E 6º FIXEMOS UNHA SAÍDA DE DOUS DÍAS A GRANXA ESCOLA "RÍA DEL EO" EN CASTROPOL.
A VIAXE FÍXOSE NO TREN,POUCAS VECES O UTILIZAMOS,POR ISO RESULTOUNOS DIVERTIDO.
FOI UNHA EXPERIENCIA MOI GRATIFICANTE, FIXÉRONSE MOITAS ACTIVIDADES : TIRO CON ARCO, MONTAR A CABALO, TIROLINA, SAÍDAS EN BICI, COIDAR ANIMAIS,OBRADOIRO DE PAN, DE QUEIXO .......... E MOITAS MÁIS.
A MAIORIA VOLTOU CON GANAS DE VOLVER OU DE QUEDAR UN POUCO MÁIS.........
OS TITORES DÁMOSLLES AS NOSAS FELICITACIÓNS POLO VEN QUE SOUBERON ESTAR .GRAZAS RAPACES POLO VOSO COMPORTAMENTO.
¡¡¡PASADE UN O VERAN!!!!!
lunes, 15 de junio de 2015
PREMIADOS NA II EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS
Os gañadores e finalistas por categorías foron:
1º CICLO ESO
·
Gañadora: Verónica Rodríguez (1º ESO)
·
1ª finalista: Carmen Martínez Dragó (1º ESO)
·
2º finalista: Miguel Vilaro (1º ESO)
2º CICLO ESO
·
Gañadora: Ana Martínez (3º ESO)
·
1ª finalista: Raquel Rivera (4º ESO)
·
2º finalista: Paola Toribio (3º ESO)
INFANTIL
·
Gañador: Teo Martínez
·
1ª finalista: Claudia Varela
·
2º finalista: Yoel Díaz
1º CICLO DE PRIMARIA
·
Gañadora: Lucía Vigo
·
1ª finalista: Alba Rey e Yaiza Lestón
·
2º finalistas: Óscar Fernández, Hugo Cartelle,
Marco Espiñeira e Aketza Aranaga
2º CICLO DE PRIMARIA
·
Gañadoras: Noa Montenegro e Clara Magariños
·
1º finalista: Axel Quesada
·
2º finalista: Pablo Rodeiro
3º CICLO DE PRIMARIA
·
Gañadora: Silvia Seoane
·
Finalistas: Sofía Cao, Nacho Cao e Martín
Rodríguez
En hora boa a todos e todas!!!!
domingo, 7 de junio de 2015
GAÑADORES DA V EDICIÓN DO PREGUNTÓN
Rematou a V Edición de "O
Preguntón". Desde o Equipo de
Dinamización Lingüística e a Biblioteca queremos dar a en hora boa a todos os que
participáchedes nesta edición e os noso parabéns aos gañadores e finalistas. O
remate do curso faremos o acto de entrega
de premios e diplomas dos diferentes concursos que estamos a realizar no cole.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e xa sabedes....para o
ano mais!!!.
Aquí vos deixamos os nomes dos
gañadores e finalistas deste ano.
sábado, 30 de mayo de 2015
ANXO MOURE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)