Estimadas familias:
Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración para levar a termo a OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa.
Estamos ante unha época na que diversas institucións como Cáritas ou a Cociña Económica seguen demandando a colaboración de toda a sociedade, e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso gran de area.
Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, dende novembro ata o 11 de decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.
Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario