miércoles, 2 de diciembre de 2015

V CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

Polos dereitos da infancia


Un ano máis o noso centro organiza a V Carreira Quilómetros de Solidariedade. Esta carreira, enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e  apoiará esta causa coa súa presenza,  participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.

ORGANIZACIÓN

ESO: Saída as 10:30 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio polo muelle.

Primaria: Saída do colexio as 11:30 horas. As carreiras faranse por categorías no paseo marítimo dirección nautico a partir das 11:45 horas.

Infantil: A carreira terá lugar as 13:00 horas no pavillón do colexio.

 Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 17 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario