jueves, 11 de diciembre de 2014

CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE 2014

Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
O alumnado de secundaria do noso centro leva xa 4 anos participando nesta actividade  en colaboración coa ONG “Save the Children”, e este ano por primeira vez, sumaranse os alumnos/as de primaria e infantil.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € (prazo 24 de novembro ata 10 de decembro) por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carnet de corredor e un diploma acreditativo de participación.
 Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children á reconstrucción de infraestructuras escolares en Mali.
Un ano mais, a atleta aresana Paula Mayobre  estará connosco  e   apoiará esta causa coa súa presenza correndo cos rapaces e rapazas do noso centro.

Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 18 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario