O Concello entregou os premios do
II Concurso de relatos curtos no que participaron rapaces e rapazas da ESO.
O concelleiro de Cultura, Eugenio
Fernández Lago, fixo entrega na tarde do venres dos premios do II Concurso de
relatos curtos “Concello de Ares”, nun acto celebrado na Alianza Aresana e no
que estiveron presentes os rapaces e rapazas que presentaron as súas obras ao
certame literario.
Tras a reunión do xurado
integrado polo historiador local Javier Vilasánchez e as profesoras Ana Pillado e Yolanda Castro, foi Carlos Bello Pita coa obra “O que foi de Jimmy Sparks” quen
resultou o vencedor do certamen e polo que recibiu un premio
consistente nunha tablet. Os premios ao primeiro e segundo finalista recaeron
en Ana Martínez Fernández pola obra “As sombras dos templarios” e Raquel Pérez
Rivera, autora da narración “A casa da familia March”. Neste caso as dúas
finalistas foron premiadas con un MP4 cada unha.
Ademais, dado o nivel acadado
nesta edición, os integrantes do xurado decidiron facer unha mención aos
traballos presentados por Marta Rumbo Hermida, autora da obra “Pero…quero ler”,
Margarita Ferreiro Castillo con “A casiña de madeira no inverno” e Marta Pérez
Rey pola obra co título de “Unha rumorosa na costa verdescente”.
Fernández Lago destacou o número
de obras que concurriron a este concurso, unha trintena
e, o que é
máis importante, o elevado nivel de case todas elas, o que fixo traballar a reo
ao xurado.
A iniciativa, que estaba dirixida
a nenos e nenas matriculados en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, enmárcase dentro das
actividades que a área de Cultura organiza para conmemorar o Día das Letras
Galegas, motivo polo cal todas as obras presentadas ao concurso debían estar
presentadas en galego.
En hora boa a todos os gañadores e parabéns a todos os participantes no certame. Para o ano mais!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario