Pero
quen é SES? Preguntan os rapaces da ESO. Escoitamos algunha canción,
vemos algún vídeo, case aprendemos as estrofas suxerentes de
“Milonga de aquí ” e de “Se cadra”.
Si, … canta moi ben,
ten boas letras, … si, pero temos que ir vela?
O
excepticismo, mesmo a resistencia previa foi amolecendo ao pouco de
iniciarse o concerto. A viveza dos ritmos variados; o lirismo
poético; as letras provocadoras, directas e descaradas; os acoples
das guitarras; ... foron atrapándonos, envolvéndonos como o arrolo
das ondas que entraban polas ventás da cristaleira do Casino.
SES
non é só música, é unha activista social, unha convencida
defensora do papel feminino, unha rebelde contra todo tipo de
submisión e estereotipos. Cóspelle aos clixes sociais. Chámalle ás
cousas polo seu nome. Tanto nas cancións como nas presentacións,
déixao claro.
O
estilo inconfundible vai quedar gravado na memoria xuvenil. Cando
entra a marola na baía deixa sinais, pegadas que nos prestan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario