Por cuarto ano consecutivo os
nosos alumnos de 2º participaron neste concurso de relato curto. As
participantes este ano foron Ana Martínez e Malloya ambas alumnas de 2ºESO A.
Ana participou en castelán e galego, Malloya só o fixo en castelán. As dúas ían
con moita ilusión e ás dúas queremos felicitar desde estas páxinas.
Ben sabedes que o traballo feito
con gana adoita ter recompensa, Ana gaña por mérito propio achegando azos,
ilusión e xenerosidade en todo o que emprende e Malloya engaiolou o xurado coa
súa prosa imaxinativa e lixeira, e así resultou ser finalista e gañadora dun
merecedor terceiro premio.
Posto que todo o que desde aquí
se escriba non reflectirá o que a vosa compañeira transmitiu no seu relato
achegámosvos o comezo e o código "qr" para que o gocedes coma nós.
Ademais achegamos en palabras da
flamante gañadora, a experiencia que supuxo recoller o premio nun lugar
emblemático, a terra dos grandes trovadores: Mendinho, Joham de Cangas e Martín
Codax, case nada!! .
Cando estabamos Ana e mais eu naquela sala chea de xente non imaxinabamos que
algunha de nós pasase á final ¡cando mo dixeron non o podía crer!
Eu pasara
á final e a entrega de premios foi, nin mais nin menos, na illa do Pensamento,
a illa de San Simón, un lugar cheo de historia literaria, testemuña de relatos
de temerosos corsarios, tesouros ocultos e pasaxes de moitos viaxeiros vidos de
terras afastadas. Alí mesmo foi onde o capitán Nemo atracou o Nautilus na súa
fantástica historia Vinte mil leguas de viaxe baixo o mar (XulioVerne), cando sabes iso non
podes remediar pensar no que se lle pasaría pola cabeza ao escritor
¿Sorprenderíanlle tanto os misterios e os viaxeiros anónimos pasados pola illa
que sentiría identificado o capitán do seu submariño cun deles? ¿Ou quixera
imaxinar o que lle aconteceu a algún dos viaxeiros que pasou por alí nun navío
submariño descoñecido naquela época? Precisamente o misterio foi o tema na
entrega dos premios, o misterio e o humor, unha importante inspectora chamada
Holmes e un novato incompetente chamado Watson presentaron este acto nunha
divertida entrega de premios cheo de misterio e risas. Alguén matara o can da illa
e roubara o primeiro premio ¿Quen podería ser? algúns dos alí presentes foron
escollidos como sospeitosos e cando Watson non aturou máis, recoñeceu que lle
dera ao can un somnífero nunha salsicha e o roubara el, aínda que por
adolescente non pasaba de todas as maneiras.
Ao remate
obsequiáronnos cunha merenda nos edificios que foron lazareto e cárcere durante
a guerra civil española, alí Luísa rematou con todos os mexillóns e miña irmá
co resto da mesa.
A viaxe
de volta foi movidiña, no interior do barco sentíanse máis as ondas e iso non é
moi bo se te mareas neles...
Malloya, 2ºA ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario