miércoles, 6 de junio de 2012

III CERTAME DE FOTOGRAFÍA. ORGANIZADO POLA ANPA E O CPI "CONDE DE FENOSA"·

A ANPA e o CPI Conde de Fenosa convocan o III Certame de Fotografía dirixido a todos os alumnos matriculados na ESO. A temática deste ano é Retratos de oficios de Ares.
    O obxectivo é plasmar as xentes e os seus traballos en Ares. A vosa mirada pode ser crítica, lúdica,irónica ou psicolóxica. Nesta ocasión fixámonos en lugares habitados, que os protagonistas nos mostren o seu entorno de traballo. Orgullosos ou cansos, desenvolvendo o seu traballo ou en repouso.

BASES
  •     Admitiranse  de unha a tres fotografías por participante, en cor ou branco e negro. O retoque dixital está permitido, sempre e cando non altere a esencia da imaxe por medio da súa manipulación.
  •     As fotografías serán orixinais dos alumnos, inéditas e libres de dereitos, é dicir, non publicadas nin presentadas noutro concurso anteriormente. 
  •    Non se aceptarán fotografías que atenten contra a dignidade das persoas nin as manifestamente desagradables nin ofensivas. As fotografías terán soporte dixital e poden ser feitas cunha cámara de fotos dixital ou un móbil. 
  •    Enviaranse por correo electrónico a: retratodeoficiosdeares@gmail.com cun título e o lugar onde se realizou a foto xunto cos datos do participante: nome, apelidos e curso. 
  •   O prazo de recepción finaliza o martes 8 de xuño.
  • O xurado estará composto por membros da comunidade educativa, (pais e nais, ANPA, profesores, profesionais da fotografía e antigos alumnos do centro). 
  •  Haberá un primeiro premio. Co resto das fotografías seleccionadas, o ANPA organizará unha exposición itinerante. 
  •  As fotografías serán cedidas á asociación organizadora.
  •  A participación no concurso implica a aceptación das bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario