jueves, 7 de junio de 2012

XX RALLYE MATEMÁTICO OU ... CATRO DÍAS EN TOULOUSSE


Como resumir en poucas liñas catro días e tres horas?, 104 horas, 6120 segundos ... outra vez as matemáticas. Tanto condensado en tan pouco tempo.
Coñecémonos mellor. Soportámonos nos nosos cansanzos e axudámonos cando foi necesario, pero sobre todo, rimos… rimos moito.
A Cité de l’espace abriunos os ollos aos misterios do universo. Gozamos da maxia medieval de Carcassonne e, por suposto, da fermosa cidade de Toulouse, a ville rose.
O día do Rallye Matemático os rapaces estaban tranquilos, non así as profes. A xornada resultou ser unha festa con música e bailes. Todo un tanto caótico pero cheo de boas vibracións. Coñecemos xentes de outros lugares.
Fixeron moi ben a proba, nosoutras espiabamos desde o alto e sorprendeunos a organización que tiñan, o rápido que resolvían os problemas e sobre todo a camaradería que transmitían nese intre. Case gañan, faltoulles pouco, pero en ningún momento afundíronse. Seguían contentos e gozando da situación.
Ante as escasas contrariedades comportáronse con tranquilidade, aflorando esa madurez que normalmente non amosan.
Fátima B., Jorge, Marcelo, Vero, Fátima D., Tomás, Kike, Ángel, Bran, Andrés, Julián, Agustín, Brais, grazas por ensinarnos unha parte de vos que descoñecíamos. Medrastes ante os nosos ollos. Ningún de nós esqueceremos esta viaxe.

As vosas profes e compañeiras de periplo, Belén e Marisa










3 comentarios:

  1. Parebéns!.
    Que ledicia saber que os nosos alumnos transpasan fronteiras para dar conta das súas destrezas.
    Seguide traballando duro, o futuro é voso!

    ResponderEliminar
  2. En hora boa!!
    O traballo, o esforzo e o tesón común deron bo resultado. Seguro que habedes gozar de experiencias semellantes nos anos de formación que vos quedan. Lembrade: SABEDES MÁIS DO QUE PENSADES, aproveitádeo e desfrutade.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar