Hoxe os nenos e nenas de 5 anos visitaron a aula de música no edificio de secundaria. Alí os alumnos e alumnas de 3º da ESO e mais o alumnado de 2º da ESO de “Reli” contáronlles aos pequerrechos dous contos sobre a paz titulados "Buscando a paz" e "A espada pacifista". Ao remate dos contos os rapaces e rapazas de 3º, dirixidos pola profe de música Teresa, interpretaron o Himno a Alegría. Os pequerrechos de infantil portáronse moi ben e foron agasallados con caramelos. Agardamos que volvan pronto a facernos unha visita.
En hora boa a todo o alumnado participante e ás profes que organizaron o traballo. Agardemos que axiña se repita.
ResponderEliminarA actividade que fixemos ese día foi moi divertida e interesante , espero que se volva a repetir e que os nenos de infantil gozaran ese día e que sobre todo o pasaron verdadeiramente ben cos contos e demais.
ResponderEliminarEsta actividade, foi moi divertida, por que fixemos que os nenos de cinco anos se divertisen tanto coma nos contado os contos tan bonitiños que representamos. Esperamos todos que esta fermosa acitivades volvase a repetir.
ResponderEliminarFixemos isto para celebrar o dia da paz e pasamolo moi ben cos rapaces de 5 anos que se portaron xenial e pasarano ben.Espero que esta gran experiencia volvase repetir porque divertimonos cos rapaces un monton
ResponderEliminarA actividade que fixemos foi moi entretenida e moi divertida xa que os nenos disfrutaron dos contos chamados: a espada pacifista e buscando a paz, logo tamen foron escoitaron o himno da alegría.
ResponderEliminarGustariame volvelo a repetir xa que os nenos quedaron contentos cando rematou todo.
ese dia foi moi interesante para todos e sobretodo para os nenos porque lo pasaron moi ben con contos e cancións tocadas por algunos alumnos , espero que se vuelva a repetir ese dia e temen que entendan o que e a paz e que significado que ten
ResponderEliminar