lunes, 31 de enero de 2011

CHARLA DA ONG "EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS"

O xoves 27 o alumnado do 1º ciclo da ESO e do 3º ciclo de primaria tiveron a visita de Pancho e Mikel, dous integrantes da ONG "Educación sen Fronteiras".  Na súa charla faláronnos do compromiso coa defensa e promoción do dereito a unha educación de calidade para todos e todas, como un dereito humano fundamental, non discriminatorio e participativo cara á construción dun mundo que ofreza oportunidades a todas as persoas.



Tamen nos puxeron a curtametraxe "Binta e a gran idea". Esta historia, por certo moi fermosa, lévanos ao mundo de Binta, unha nena senegalesa de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmá de ir ao colexio. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu, "a gran idea"...
Non contamos mais... Se queredes saber cal é a gran idea, podedes ver o video a continuación.



3 comentarios:

  1. Pareceume moi interesante esta charla na que nos explicaban como sobrevivian os que viven en Africa, e o problema que teñen as nenas para ir a escola. Binta e a Gran Idea é un corto que encantoume porque representa como son ali as cousas, hai personaxes graciosos e outros non tan graciosos pero esta moi ben o corto. O chico explicouse verdaderamente ben e a min e creo que a todos os do meu curso encantounos a charla.

    ResponderEliminar
  2. Paola López Núñez -1º A-1 de febrero de 2011, 13:49

    Esta historia pareceume moi bonita e á vez pareceume un pouco discriminatoria porque as nenas teñen o mesmo dereito ca os homes a ir á escola, pero gustoume cando o pai de Binta acedeu para deixala claro que para conseguir iso uns nenos tiveron que facer unha obra de teatro no que interpretaban o mesmo problema que tiña a nena. Ese é o problema que teñen as nenas para ir a escola por esos países.

    ResponderEliminar
  3. No vídeo de Binta os nenos fixeron como unha obra de teatro interpretando a prima de Binta e aos seus pais, porque a nena queria ir a escola e non a deixaban polo feito de ser muller nun pais do terceiro mundo.Ao final todo acabou ben porque garazas aos nenos e nenas que ian a escola conseguiron que o pai da prima de Binta a deixara ir a escola.Tamén conta outra historia que era: tiberon unha idea de adoptar a un tubac (personas de Europa) o padre de Binta foi ata o gobernador e aceptou a sua idea.

    ResponderEliminar