jueves, 30 de septiembre de 2010

ACTUACIÓN DE PETER PUNK

Organizado polo ANPA do noso centro, o pasado venres 24 os alumnos e alumnas da ESO gozaron dun momento de entretemento co espectáculo cómico do clown “Peter Punk” (Isaac Rodríguez Miranda). Neste espectáculo o noso malabarista transformouse en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xogou en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que foi sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade mesturouse coa habilidade na procura da gargallada dos alumn@s. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anuncia ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante a actuación, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosounos a súa destreza con bólas, mazas, aros, globoflexia. E todo isto sen esquecer o humor... O artista fixo partícipe aos rapaces e rapazas convidando a varios estudantes a colaborar no seu espectáculo, o que provocou máis dunha gargallada entre os seus compañeiros.

Un espectáculo cheo de alicientes que nos fixo pasar un bo momento.




                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario