martes, 1 de junio de 2010

1º CERTAME de FOTOGRAFÍA

O pasado día 27 de Maio, reuniuse o xurado do 1º Certame de Fotografía sobre a riqueza medioambiental de Ares, para o alumnado da ESO, organizado polo ANPA do C.P.I. “Conde de Fenosa” de Ares, en colaboración co profesorado do centro, especialmente a profesora Marisa Areal.

O Xurado estaba composto por :
Ana Martínez, Concelleira de Cultura do Concello de Ares
Álvaro Franco, representante das familias do noso alumnado
Mayolla Dragó, Vicepresidenta do ANPA
Adrián Pérez, antigo alumno do centro
Mariam Belrhlid, antiga alumna do centro
Marisa Areal, profesora de Educación Plástica e Visual
Blanca Cortizas, profesora de Tecnoloxía.
Despois da visualización das fotografías, e trala 1ª votación, foron máis votadas 3 fotografías cun empate técnico de 2 .
Polo tanto, realízase unha 2ª votación e resulta gañadora a fotografía titulada “Estacas
que corresponde a alumna de 4º ESO, Anais Prieto, a quen desde aquí queremos dar a noraboa.

     











Os outros 2 finalistas corresponden as fotografías :
Ceo rosa”, de Aldara Vilar, alumna de 4º ESO
e “Xunqueira” de Javier Cendán, alumno de 3º ESO.













De todos os xeitos queremos felicitar a tod@s @s participantes porque saben valorar a riqueza Mediomabiental de Ares, e esperamos que o vindeiro Certame teña, se cabe, máis participación. Ánimo!!.

O vindeiro día 21 de Xuño ás 19:00 h, na Biblioteca do Concello de Ares abrirase a Exposición Itinerante de todas as fotografías participantes, e terá lugar a Entrega de Premios . Estades todos invitados.

                                         

2 comentarios:

  1. Noraboa a todos os e as participantes no concurso de fotografía.

    ResponderEliminar
  2. As fotos son moi bonitas, porque Ares e moi fermoso e ten uns lugares moi espectaculares. Habia que quitarlle unha foto a Redes que tamen e moi bonito.

    ResponderEliminar