sábado, 15 de mayo de 2010

17 MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS

Uxío Novoneyra: “O poeta do Courel”. (1930-1999)

Neste ano 2010, adicase a Uxío Novoneyra aquel poeta excepcional, o da poesía íntima e paisaxística, pero tamén combativa: Os Eidos, Muller ao lonxe, Elexías do Caurel e outros poemas, Viet Nam canto, Letanía de Galicia, Poemas caligráficos, Os Eidos 2, Do Courel a Compostela, entre outros, demostraron dabondo a súa valía poética. 

Novoneyra desenvolveu un importante labor como recitador, tarefa na que foi un consumado mestre. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e está considerado un clásico por lectores e crítica, chegando ao cumio da poesía galega de todos os tempos.

“Eu era fillo dunha terra e dun pobo que a moldeaba de acordo á súa paisaxe, coa súa estética, e tamén era fillo de todos os pobos do mundo”, dicía Eugenio Novo Neira cando aínda non era coñecido como Uxío Novoneyra. Uxío, que foi como lle chamou Anxel Fole, e Novoneyra, pola costume da xente a xuntar os dous apelidos, cousa que a el nunca lle disgustou.

“Courel dos tesos cumes que ollan ao lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home…”, dicía sobre da Serra do Courel que tanto coñecía, no ano 1952, tres anos antes de editar “Os eidos, libro do Courel”

Agardando e desexando que o Día das Letras Galegas sexan todos os días, para todas e para todos, unha forte e agarimosa aperta poética e de irmandade.
Máis información : Accede á biografía completa dun dos máis destacados poetas do Século XX, a través das seguintes Webs:

Déixovos un vídeo co poema Viet Nam canto coa voz de Uxio Novoneira




O noso centro conmemorou esta data tan especial realizando varias actividades durante a semana do 10 ao 14 de Maio:
1.-Colocacion e visita á exposición sobre Uxío Novoneyra, nos corredores do edificio de Secundaria. Os cartaces desta exposición son os traballos que resultaron gañadores no concurso-exposición das letras galegas, promovido pola SXPL.

2.- Traballos e realización de muráis sobre a figura de Uxío Novoneyra.


Mural feito polos alumnos de primaria

                                             

1 comentario: