Os nenos e nenas de 1º de
primaria non deixan de aprender cos seu proxectos de aula. Neste segundo
trimestre quixeron investigar sobre a Antártida e aprenderon moitísimas cousas
pero…que mellor remate para o seu proxecto que contar coa presencia, aínda que
virtual, do biólogo aresán Javier Cristobo. Quen mellor ca el para falarlles da
Antártida e responder ás súas preguntas e inquedanzas.
Gracias Javier por compartir,
unha vez máis, o teu tempo cos nosos alumnxs.
Os alumnos e alumnas de 1º de primaria quixeron traballar o Día Internacional da Muller dando visibilidade a algunas das mulleres da nosa vila que traballan en distintos campos. Os nenos e nenas elaboraron e lles fixeron chegar unha batería de preguntas a Paula Mayobre, Aida Carro, Carla Vilasánchez, Conchi Ramil e Elena Fuentes, que elas, moi amablemente, contestaron a través dos seguintes vídeos.
Agradecemos enormemente á sua colaboración neste traballo e transmitirlles os nosos parabéns polo seu bo facer. Estamos moi orgullosxs por contar na nosa vila con mulleres como elas.
As nenas e nenos de primeiro redactaron as preguntas que logo enviaron ás nosas protagonistas.
Tamén, coa axuda das súas profes Lucía e Paula, fixeron un tríptico no que colocaron ao lado da fotografía de cada unha das protagonistas o código QR onde estaba aloxado o vídeo que nos reenviaron.
Na clase todos e todas viron e comentaron os vídeos que Paula, Carla, Conchi,Aida e Elena lles enviaron.
Neste
Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares e o CPIP Virxe da
Cela de Monfero, vai o noso
recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en
tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber escribir a
historia con tinta indeleble e por deixar
a vosa pegada nas nosas vidas.
Mil
grazas aos 70 alumnxs participantes e a Víctor Rodríguez (profesor de Ed.
Artística do centro) por aceptar a difícil tarefa de decidir os debuxos
gañadores.
Como xa sabedes, o día 24 de febreiro celebramos o Día de
Rosalía. Este ano é un pouco especial por mor das restricións sanitarias, pero
iso non vai ser un atranco para que lembremos, como todos os anos a Rosalía de
Castro, a nosa escritora máis universal (lembrade que ata unha estrela leva o
seu nome e a compañía noruega Norwegian Airlines puxo a súa imaxe a un dos seus
Boeing 737-800).
Por iso imos poñernos mans a obra. Xa sei que nos distintos
cursos estanse a facer moitas cousiñas: vídeos, recitado de poemas, murais....
Desde aquí animámosvos tamén a que fagades os vosos debuxos
sobre Rosalía e a súa obra para presentar ao concurso “Un debuxo para
Rosalía", que convoca o Concello de Ares a través da concellería de
Cultura e no que colabora o noso centro.
Aquí deixamos o cartel coas bases.Chegado o día, faremos a difusión de todos os
traballos realizados no cole para lembrar á nosa Rosalía.
Aínda que a situación actual sanitaria privounos de gozar
dun entroido como quereriamos, e botamos de menos ese percorrido cheo de cor
e fantasía que todos os anos facíamos polas rúas da nosa vila, no noso cole
nunca perdemos a ledicia que nos caracteriza porque somos uns super heroes e
heroínas e por iso, decidimos disfrazar as nosas facianas diso mesmo, do que
somos, grandes heroes e heroínas.
Aquí tedes a montaxe fotográfica da xornada que queremos compartir con todos/as vós e por suposto cos nosos coles colaboradores do Proxecto Erasmus +.
Esperemos que o próximo curso poidamos desfilar pola nosa
vila e que volva esa tan ansiada normalidade.
Xa esta aquí o tempo de Entroido
e, aínda que este curso é un pouco raro
por mor desta pandemia, hoxe puidemos falar un chisquiño coa nosa querida Vero
Rilo que tivo a deferencia de conectarse con nós de forma online para contarnos
algunhas cousiñas sobre o Entroido, os doces típicos desta datas_ filloas, orellas,
rosquillas, freixós_ e… o Papón!!! que
papa todo ser vivinte que atopa a man. Bueno…ata que descubriu as filloas con
mel!!!
Grazas Vero por compartir con nós
un chisquiño do teu tempo. Esperemos que a próxima vez poidamos verte máis
tempo en vivo e en directo e darche unha aperta.
E xa sabedes, peques, tedes que
debuxar o Papón que tedes no voso maxín para enviarlle algún dos debuxos a
Vero, seguro que lle gostarán moito!.
“Imaxinas o que pasaría se Einstein nacese muller? Pois que probablemente hoxe non saberiamos quen é Einstein”. Asícomeza o vídeo da campaña“Non máis Matildas”, impulsada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT). Esta iniciativa ten por obxectivo recuperar as historias de mulleres científicas que ao longo da historia ficaron no anonimato, ou ocultadas polos méritos atribuídos aos seus compañeiros homes, para fomentar de cara ao futuro a aposta das nenas e mozas polas chamadas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, polas súas siglas en inglés).
A campaña “Non máis Matildas” xira arredor do coñecido como Efecto Matilda. Este fenómeno colle o nome de Matilda Joslyn Gage, unha activista estadounidense que describiu e identificou as situacións nas que as mulleres científicas reciben menos crédito e recoñecemento polo seu traballo científico que o que lles correspondería dun exame obxectivo do seu traballo.
Un dos exemplos máis habituais desta ocultación é o feito que se produce cando nas aulas, ou na sociedade en xeral, se pregunta por un nome de muller científica: a resposta adoita ser Marie Curie, a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas (Física e Química). Esta situación garda directa relación coa desigualdade observada nos libros de texto sobre ciencias: só unha pequena parte dos nomes que aparecen son mulleres.
Anexos para libros de texto
No marco desta campaña, AMIT impulsou uns anexos para os libros de texto (tamén dispoñibles en galego) nos que se contan as historias de Barbara Mcclintock, Rosalind Franklin, Henrietta Swan Leavitt, Inge Lehmann, Mary Anning, Margarita Salas, Dorothy Crowfoot Hodgkin, Emmy Noether, Lise Meitner, Mary Leakey, Hildegarda de Bingen, Marie Anne Pierrette Paulze de Lavoisier, Marie Tharp, Hedy Lamarr, Ángela Ruiz Robles, Ada Lovelace, Grace Murray Hopper ou Katherine Johnson.
Todas elas foron figuras moi relevantes nos seus eidos de coñecemento, polo que esta iniciativa pretende incluílas nos materiais educativos e, deste xeito, “inspirar nenos e nenas para lembrarnos que a ciencia debería ser cousa de todas e todos”.
Ademais, o portal web da campaña recolle tres contos protagonizados por Matilda Einstein, Matilda Fleming e Matilda Schrödinge, e que fabula con como sería a vida de Albert, Alexander e Erwin se nacesen mulleres.
Baixo o lema "ConexiON-AdicciOFF, isto non é un xogo", o alumnado da ESO realizou nas materias de Relixión+Valores Éticos as súas propostas de aula: nesta 37 edición do Concurso Escolar ONCE trátase de MUPIS (carteis de publicidade de mobiliario urbán), sensibilizando á mocidade dos riscos dun uso incontrolado e abusivo das novas tecnoloxías.
Aquí deixamos os MUPIS realizados polos alumnos e alumnas da ESO que foron presentados ao concurso.
Achegámosvos o traballo que elaborou un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino para celebrar o Día de Rosalía, por se vos puidera ser de utilidade. O material consiste nunhas unidades didácticas para primaria (elaboradas o curso pasado) e unha unidade didáctica para infantil e un genially elaborados este curso. Se premedes na imaxe inferior poderedes acceder aos materiais.