lunes, 1 de febrero de 2021

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2021

O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPI As Mirandas , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo unha morea de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.

O alumnado enteiro do cole desde os  máis pequerrechos ata os máis maiores participamos nas diferentes actividades facendo murais, vídeos, debuxos.... Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.

Grazas a todo o alumnado e aos profes que a pesares de ter que lidiar con esta situación de pandemia que estamos a padecer, seguen traballando e adaptandose as circunstancias sen perder a motivación e a alegría. Desexamos que para o ano que ven, poidamos volver a xuntármonos todxs como en anos anteriores e  así poder celebrar xuntxs, cunha gran aperta este Día Escolar da Paz e a non Violencia.

VÍDEO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 1ºA 

AUDIOVISUAIS REALIZADOS POLO DÍA DA PAZ NO PROXECTO ERASMUS  (ARTWORKS FROM EUROPEAN FESTIVITIES AND TRADITIONS)

https://erasmusplusasmirandas.blogspot.com/2021/01/peace-day.html


Over the rainbow.  Interpretada polo alumnado de música de  4º ESO

ACTIVIDADES, DEBUXOS E MURAIS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA




lunes, 18 de enero de 2021

ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Inauguramos  unha  nova travesía dentro do Plan  Proxecta dá Xunta de Galicia acompañados por un grupo de Ongs que se  uniron  coa meta de transformar este o noso mundo desigual por outro máis xusto e equitativo.

Este proxecto pretende apoiar ao alumnado para que coñeza e, dalgunha maneira, entre a formar parte deste movemento global de mocidade inspiradora. Todo isto, para fomentar o respecto e a valoración da diversidade como algo enriquecedor, o consumo responsable, a conciencia ambiental, o respecto aos  DD. HH, o coñecemento dos  ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) a igualdade de xénero... e ademais potenciar habilidades e actitudes como o diálogo, a corresponsabilidade, a empatía, a resolución positiva dos conflitos e a solidariedade, desde unha conciencia crítica, activa, investigadora, non conformista e motivando o OPTIMISMO CARA O CAMBIO.

Así o pasado  luns 18 de  xaneiro  tivemos o  primeiro taller  nas aulas como punto de inicio. Nesta ocasión  coa visita de María Caride e Ángela  quenes con grandes  doses de entusiasmo e  unha  ollada  moi positiva  fixeron reflexionar  ao alumnado de 1º e 2º de ESO  sobre Que significa ser activista?.

A través dunha dinámica os rapaces e rapazas analizaron as problemáticas que afectan a milleiros de persoas no noso planeta, e foron quen de idear solucións para erradicalas.









miércoles, 23 de diciembre de 2020

OPERACIÓN QUILO DE NADAL

 Hoxe un grupiño de alumnas do noso cole achegouse ao local de Cáritas de Ares a entregar o recadado nesta especial Operación Quilo de Nadal. Este ano por mor da pandemia non puidemos facer a recollida de alimentos como todos os anos, pero a solidariedade de toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) nunca defrauda. Grazas a vosa solidariedade recadamos a cantidade de 700 euros que foron repartidos entre Cáritas de Ares e a Casa de Acollida do Patronato Concepción Arenal de Ferrol.

Grazas infinitas a todxs pola vosa colaboración e compromiso.

  “Moita xente pequena, en lugares pequenos,

 facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”.

FELICES FESTAS E MELLOR ANINOVO 20201






lunes, 21 de diciembre de 2020

BO NADAL E MELLOR 2021

A Comunidade Educativa do CPI As Mirandas deséxavos unhas Felices Festas e un mellor Aninovo 2021.

Cos nosos mellores desexos de saúde, traballo, paz e fraternidade,



miércoles, 25 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA VIOLECIA DE XÉNERO NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe é o Día Contra a Violencia de Xénero . Traballamos nas aulas este tema tan importante realizando varias actividades encamiñadas a concienciar ao alumnado sobre a relevancia deste problema na sociedade.

Aquí tedes os murais e paneis realizados en infantil, primaria e ESO así como un vídeo no que toda a comunidade educativa súmase  á loita contra esta lacra que a día de hoxe segue a deixar sen soños e sen vida a moitas mulleres.



A continuación podedes ver o vídeo relizado polo alumnado de 6º E.P.

MURAL DOS PEQUERRECHOS DE INFANTIL


EXPOSICIÓN DE CARTEIS DO ALUMNADO DA ESO





viernes, 20 de noviembre de 2020

20 novembro. DÍA DOS DEREITOS DOS NENXS

O 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde o CPI As Mirandas queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todos, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!   

          Os nenxs son o recurso máis importante do mundo e a mellor esperanza para o futuro.

       Aquí podedes ver o vídeo que as alumnas e alumnos de 2º ESO realizaron para difundir esta data.

                          Grazas a Raquel, a intérprete de lingua de signos, pola súa colaboración.

jueves, 12 de noviembre de 2020

SAMAÍN 2020

 






OUTONO NO CPI AS MIRANDAS

 Saída de outono á contorna máis próxima. Recollida de follas e decoración das mesmas.








sábado, 31 de octubre de 2020

APRENDEMOS LSE

Esta semana veu a visitarnos Tino, unha persoa xorda, que nos contou moitas cousas en Lingua de Signos, como foi e como é a súa vida como rapaz xordo.  O alumnado fixo mil preguntas!!  Foi moi Interesante!!!!!

Grazas Tino


jueves, 29 de octubre de 2020

RECURSOS DIDÁCTICOS SAMAÍN E MAGOSTO

 

Achégamos unidades didácticas para infantil e primaria de Samaín 2020 e do Magosto 2020, elaboradas polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña, con diferentes textos, actividades e manualidades por se vos son de utilidade para celebrar estas dúas festas. Saúdos


SAMAÍN 2020 by veracruces on Scribd

viernes, 9 de octubre de 2020

UNHA MANDA DE PEZAS PARA ISAAC



Este ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo e Alento Esbravexo convoca un concurso onde cadaquén pode inspirarse en algo relacionado coa figura de Isaac Díaz Pardo (un acontecemento concreto da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza cerámica, etc.), tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que formou, artistas discípulos de Isaac,...) ou mesmo se pode facer algo totalmente novo, xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza, música, etc. con total liberdade.

O prazo de presentación das obras remata o 13 de agosto de 2020.

Para participar deberase enviar un correo a: alentoesbravexo@gmail.com

Con todo o material recibido tentarase facer un libro, unha exposición,...(sempre dependendo da situación vírica actual).

 Preme aquí para consultar as BASES

Máis información no seguinte enlace: https://axendacultural.aelg.gal/2020/06/30/proposta-unha-manda-de-pezas-para-isaac/