O xoves 21 quixemos lembrar coas alumnas e alumnos de Cuarto da ESO a todas aquelas persoas da nosa comarca que foron prisioneiros no Campo de Mauthausen. Pensamos que é fundamental que unha iniciativa tan importante como facer un monumento na súa memoria sexa coñecida polas novas xeracións. É preciso que non sexa para eles “ a escada verde”. Por iso quixemos achegarnos a levarlles flores en sinal do noso agradecemento, porque eles loitarón, e moitos morreron por todos nós.
Lemos o nome dos 21 e lembramos como foi o seu destino, algúns
sobreviviron, pero moitos foron cruelmente asasinados nese campo de exterminio
que foi Mauthausen.
Dous deles participaran antes na fuxida no Bou Ramón e despois
remataron, como outros 7200 españois, no inferno de Mauthausen.
Foi unha experiencia moi positiva, tanto no que se refire á aprendizaxe
como no senso de compartir un momento diferente ás clases ordinarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario