Comezou desafiando ao alumnado a que escribirán en 3 minutos, sen parar, o
que lles pasara pola cabeza, sen racionalizar a escrita, cousa que sorprendeu
ao alumnado. Aínda así ao pouco estaban todos escribindo sen parar.
O longo da sesión deunos pautas e recursos para comezar a escribir un
relato, instounos a explorar diferentes narrativas, de como transmitir unha
historia nunhas poucas liñas, desafiounos a encontrar ese momento crucial ou
idea matriz que desencadearía a nosa narrativa, falounos do conflito, dos
personaxes, do contexto espazo-temporal, da estrutura…elementos fundamentais a
ter en conta para a creación dun relato.
Un taller moi produtivo e interesante do que esperamos que o alumnado dea
boa conta e que lles serva para escribir
os seus microrrelatos que poderán presentar en breve no IV Concurso de
Escritura Creativa de Microrrelatos que organiza o Equipo de Dinamización
Lingüística do noso centro en colaboración coa Concellería de Cultura do noso
concello.
Ao remate asinounos os seu libros que penduran dos andeis da nosa
biblioteca.
Grazas, Pablo, pola túa inestimable colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario