viernes, 27 de enero de 2023

DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO

 Cada ano o 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e toda outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos. O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Esa data foi oficialmente proclamada, en novembro de 2005, Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto.

   Hoxe, 27 de Xaneiro, lembramos ós millóns de homes e mulleres que sufriron ou morreron nos campos de exterminio nazis. Entre eles miles de españois e galegos e tamén da nosa comarca de ferrolterra. Na súa memoria e, en agradecemento á súa loita polos dereitos que son de todos e que hoxe gozamos, en parte grazas a eles, achegámonos cos alumnos de cuarto da ESO ao monumento que os lembra para amosar o noso agradecemento.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario