miércoles, 1 de mayo de 2019

ÉXITO DA III FEIRA "ARES ARREDOR DE SI"

Éxito total na xornada do luns na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a III Feira  “Ares arredor de si”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; ao grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada - sodes uns cracks-, ao Club de Remo de Ares e en especial a Tombo que organizou as actividades remeiras e acompañounos durante todo  día, aos integrantes do Club Xove e a Rommy polas actividades levadas a termo no seu stand(quen dixo que a xuventude non se implica?), ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira:o inspector de educación Rubén Ponte, José Antonio Sordo do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Ferrol, o noso alcalde Julio Iglesias, á concelleira de cultura Alma Barrón e o resto de concelleiros das distintas formacións, os representantes das asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do CPI As Mirandas por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que hoxe nos acompañaron neste evento.

Grazas a todos por facer, de novo, que a xornada resultase todo un éxito.















No hay comentarios:

Publicar un comentario