lunes, 15 de abril de 2019

I XOGOS “LUDI MUGARDENSIS” NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN CALDOVAL


Escolares de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos de Mugardos e Ares participaron o día 11 de abril nos “I Ludi Mugardensis”, unha sorte de olimpíadas con competicións en 10 deportes dos que adoitaban practicar na antigüidade os gregos e romanos. 
 Arredor de 200 rapaces e rapazas foron os deportistas destes “I Ludi Mugardensis”, nos que se desenvolveron xogos de noces, practicados habitualmente durante a infancia; xogos de adultos, como o Trigón, do que era afeccionado o propio emperador Augusto; exercicios realizados para o adestramento militar, como o tiro con arco ou a esgrima e por último deportes herdados da Grecia antiga coma o salto de lonxitude con “halteras” (pesas), que formaba parte do “pentahlon” clásico.

E o equipo gañador foi o  Gladiator Hoplomachus do noso cole, O CPI As Mirandas.

Parabéns a todos e todas os/as participantes e xa estamos agardando os “II Ludi Mugardensis”.



Con esta proposta quérese fomentar a convivencia e os hábitos saudables entre os nenos e nenas, ao tempo que impulsa un mellor coñecemento da cultura romana.












No hay comentarios:

Publicar un comentario