Traballo realizado polo alumado de 2º ESO na materia de lingua galega, ao abeiro do proxecto Meteoescolas, procurando, ao tempo, normalizar o uso da nosa lingua así como implicar aos nosos alumnos/as no coñecemento do seu contorno.
jueves, 26 de abril de 2018
II OBRADOIRO “FÁLAME DA EMIGRACIÓN: DIÁLOGO INTERXENERACIONAL COS NOSOS MAIORES”
Hoxe xoves 26 de abril, tivemos o segundo encontro do Proxecto Fálame da emigración (AFUNDACIÓN).
Neste obradoiro os mozos e mozas de 2º de ESO, tras investigar sobre a historia das
súas propias familias, relataron as súas relacións coa emigración e
xuntos reflexionaron sobre as diferentes motivacións para emigrar, as
dificultades e os aspectos positivos ou negativos da mesma así como as diferenzas da emigración que se está a dar no noso país na actualidade con respecto á que viviron os nosos convidados.
Desde aquí queremos dar as grazas a Ezequiel, Carmen e Sara pola súa testemuña de vida e a Tere, que coordina tan ben este proxecto, e que achega aos Centros de Ensino o valor da experiencia dos nosos maiores en diálogo cos rapaces e rapazas de hoxe en día.
lunes, 23 de abril de 2018
PREGUNTÓN SEMANA 3
Ola queridos "preguntóns", chegamos xa á terceira e última semana do noso concurso. Este ano, por mor do pouco tempo do que dispoñemos, o noso concurso só durará 3 semanas, polo que esta é a última, así que xa sabedes, aplicádevos ben para rabuñar os últimos puntos do concurso.
Aquí vos deixamos as preguntas desta terceira e última semana. Moita sorte!!!
Aquí vos deixamos as preguntas desta terceira e última semana. Moita sorte!!!
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a
súa importancia como ferramenta cultural.
TALLER DE MARCAPÁXINAS:
Durante a semana do dío do libro desenrrolamos na biblioteca un taller de marcapáxinas, todo un éxito:
Todo, todo está nos libros. Todo o
que é. E todo o que non é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será,
nin podería selo.
A vida toda
está nos libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que
soñamos ou simplemente imaxinamos...
E por qué
lemos?
- En
primeiro lugar porque alguén nos aprendeu a facelo,
- porque
outras persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
- porque
leron para nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
- porque
desfrutamos coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de
mergullarnos sós nun libro.
Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro:
as persoas que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo,
axudáronos a medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros
nenos e outras nenas que veñen detrás.
E aos libros que lemos; por riba de todo aos nosos
favoritos.
TALLER DE MARCAPÁXINAS:
Durante a semana do dío do libro desenrrolamos na biblioteca un taller de marcapáxinas, todo un éxito:
jueves, 19 de abril de 2018
MAREA DE MULLERES, RECOÑECIDO POLA "RED ESPAÑOLA DE MUJERES EN EL SECTOR PESQUERO"
No último boletín publicado pola Red
Española de Mujeres en el Sector Pesquero danlle visibilidade ao gran
traballo realizado polo alumnado de 4º da ESO do C.P.I As Mirandas de Ares,
dentro do proxecto desenvolvido polo #GALP, dentro das súas actividades de
animación e divulgación 2017, e que contou co financiamento do Programa #FEMP
2014-2020: #VidasMariñeiras.
O alumnado do noso centro
escolar, gravou o documental "Marea
de Mulleres", que conta a historia de varias traballadoras que
dedicaron a súa vida ao mar, traballando nas fábricas de salgadura, cosendo
redes, preparando o pescado....traballos duros, esenciais, pero pouco
recoñecidos....
https://www.youtube.com/watch?v=QHBYos7Gnf0
domingo, 15 de abril de 2018
#rodandodiversidadenlaigualdad.
Unímonos á iniciativa solidaria da Escola de Ombre #rodandodiversidadenlaigualdad.
Pola igualdade de todos os nenos e nenas do mundo!!!
#rodandodiversidadenlaigualdad
#rollingdiversityinequality
#internationalwomensday
#ombre#pontedeume#galicia#españa#spain
Instagram:cuentos_3rs
sábado, 14 de abril de 2018
NO CPI AS MIRANDAS ,DEIXAMOS A NOSA PEGADA!. SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME 2018). 23-29 ABRIL

Nos últimos anos observamos un
incremento masivo dos desprazamentos forzosos de persoas, principalmente por
mor de graves situacións de conflito, como o caso de Siria, pero tamén por
culpa de desastres naturais derivados do cambio climático, a situación
económica dos seus países de orixe ou por razóns de persecución política e
relixiosa. Estes desprazamentos forzosos chegaron a un récord mundial alcanzando os 65,6 millóns de persoas,
privadas de moitos dos seus dereitos, entre eles o dereito á educación, e
afectando especialmente a menores,que representan o 51% da poboación refuxiada
do mundo.
A educación, unha ferramenta para a construción de paz
A paz empeza por rexeitar a violencia
como mecanismo de resolución de conflitos. É fundamental que as persoas se
eduquen nunha serie de valores que promovan a resolución non violenta dos
conflitos: xustiza, liberdade, cooperación, respecto, solidariedade, a actitude
crítica, o compromiso, a autonomía, o diálogo e a participación. No caso das
sociedades afectadas por situacións de conflito e post-conflito, o dereito á
educación é esencial para: a construción de paz e a promoción de sociedades
máis cohesionadas, a protección da infancia, a normalización da vida e a
efectiva reconstrución das zonas afectadas por conflitos.
No caso de España, a educación é
fundamental para que os menores sexan conscientes das realidades que vive a
infancia noutros contextos, para que recoñezan e eviten actitudes como o
racismo e a xenofobia e recoñezan o valor da diversidade mediante a comprensión
e o coñecemento. En definitiva, o acceso
á educación constitúe unha poderosa ferramenta para construír sociedades
capaces de resolver os seus conflitos de maneira pacífica, tanto naqueles
países que xa ven afectados por este tipo de situacións como nos que, como
España, convértense en lugares de acollida.
Prepárate para ser activista!
Deixa A túa Pegada!
Aquí
podes atopar as unidades didácticas para traballar a Campaña deste ano.
file:///C:/Users/Yolick/Desktop/SAME%202018/Unidade%20Did%C3%A1ctica%20en%20Galego.pdf
domingo, 8 de abril de 2018
martes, 3 de abril de 2018
XA PODEDES VOTAR O NOME DA NOSA MASCOTA DE METEOESCOLAS!
Xa de volta das vacacións podemos dicirvos que xa podedes votar o nome da nsoa mascota de entre os tres que quedaron finalistas. Para fecelo podedes premer na imaxe de abaixo e entraredes no enlace onde elixiredes o nome que máis vos guste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)