sábado, 14 de abril de 2018

NO CPI AS MIRANDAS ,DEIXAMOS A NOSA PEGADA!. SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME 2018). 23-29 ABRIL

               
Este ano baixo o lema “A educación o camiño cara á paz. Deixa a túa pegada!”, queremos visibilizar a situación da educación en contextos de conflito e emerxencia, destacando o papel fundamental da educación como a única forma de acabar coa intolerancia e a violencia tanto nas contornas educativas como no conxunto da sociedade, e como ferramenta imprescindible para favorecer unha resolución pacífica dos conflitos e promover unha cultura de paz.
Nos últimos anos observamos un incremento masivo dos desprazamentos forzosos de persoas, principalmente por mor de graves situacións de conflito, como o caso de Siria, pero tamén por culpa de desastres naturais derivados do cambio climático, a situación económica dos seus países de orixe ou por razóns de persecución política e relixiosa. Estes desprazamentos forzosos chegaron a un récord mundial  alcanzando os 65,6 millóns de persoas, privadas de moitos dos seus dereitos, entre eles o dereito á educación, e afectando especialmente a menores,que representan o 51% da poboación refuxiada do mundo.
A educación, unha ferramenta para a construción de paz
A paz empeza por rexeitar a violencia como mecanismo de resolución de conflitos. É fundamental que as persoas se eduquen nunha serie de valores que promovan a resolución non violenta dos conflitos: xustiza, liberdade, cooperación, respecto, solidariedade, a actitude crítica, o compromiso, a autonomía, o diálogo e a participación. No caso das sociedades afectadas por situacións de conflito e post-conflito, o dereito á educación é esencial para: a construción de paz e a promoción de sociedades máis cohesionadas, a protección da infancia, a normalización da vida e a efectiva reconstrución das zonas afectadas por conflitos.
No caso de España, a educación é fundamental para que os menores sexan conscientes das realidades que vive a infancia noutros contextos, para que recoñezan e eviten actitudes como o racismo e a xenofobia e recoñezan o valor da diversidade mediante a comprensión e o coñecemento.  En definitiva, o acceso á educación constitúe unha poderosa ferramenta para construír sociedades capaces de resolver os seus conflitos de maneira pacífica, tanto naqueles países que xa ven afectados por este tipo de situacións como nos que, como España, convértense en lugares de acollida. 

Prepárate para ser activista!  Deixa A túa Pegada!
Aquí  podes atopar as unidades didácticas para traballar a Campaña deste ano.
file:///C:/Users/Yolick/Desktop/SAME%202018/Unidade%20Did%C3%A1ctica%20en%20Galego.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario