Onte tivo lugar un obradoiro promovido pola Secretaría Xeral
de Igualdade e impartido por Isabel Serrato Azat. O obradoiro tivo como
finalidade abordar temáticas dende un punto de vista educativo e previr así
actitudes machistas, e situacións de violencia na adolescencia. Entre os
contidos a tratar estiveron presentes: as diferencias de xénero, a idea do amor
romántico, as relacións de parella, a linguaxe, etc… Este obradoiro que ten as ilustracións da exposición “Cartas de Amor”como
eixe, desenvolveu a través de diferentes dinámicas participativas, os
temas citados anteriormente.
O alumnado de 1º ESO realizou tamén unha visita guiada a
exposición que se encontra exposta na Casa da Xuventude do noso concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario