martes, 21 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA NO CPI AS MIRANDAS

Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polo pobo galego como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente coa xente, ao se dirixir a ela no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. No noso centro, asumindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) alumnos/as e profes quixemos conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro realizando un Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe.

 Aquí vos deixamos o noso traballo.  FELIZ DÍA DE ROSALÍA! 

1 comentario:

  1. Rosalía, sempre viva!, traspasando o tempo e as xeracións, grazas a traballos coma o voso. Interesante. Necesario. Exemplarizante. Rosaliante.

    ResponderEliminar