Hoxe no salón de actos das Alianzas aresáns, a nosa alumna e
compañeira Verónica Rodríguez Martínez, recibíu por parte do Concello unha
emotiva homenaxe en recoñecemento aos
seus méritos acadados ao seren a gañadora Nacional da 56 edición do Concurso Coca–Cola Jóvenes Talentos de
Relato Corto. Ao acto presidido polo
alcalde Julio Iglesias asistíu tamén
Gema Rodríguez do departamento de comunicación de Coca-Cola, así como o
concelleiro de cultura e representantes
das distintas áreas do concello, profesores, alumnos e familiares de Verónica.
Tras as palabras do alcalde e da representante de Coca-Cola,
Verónica leu o relato co que resultou gañadora e relatounos a súa
experiencia na viaxe cultural que
realizou a Madrid e Londres tras o premio. Logo deixou a súa pegada no libro de
ouro do Concello e recibíu varios agasallos por parte do Concello e de
Coca-Cola.
Os nosos parabéns a Verónica
No hay comentarios:
Publicar un comentario