Un ano máis continuamos co programa Meteoescolas no CPI AS MIRANDAS. Despois de acadar o 1º Premio Meteoescolas e este curso o diploma á EXCELENCIA,continuamos a traballar no programa dende todas as frontes e dende todos os cursos como podedes ver no documento que tedes a continuación:
Tamén seguiremos coas nosas previsións cara a fin de semana realizadas polos alumnos/as do noso centro. No seguinte enlace tedes o canle de youtube onde están as nosas previsións meteorolóxicas de cara a fin de semana.
https://youtu.be/qS4mMJjlYWA?list=PLUa6yN9ejmoY9aVLBZ5IFwfMlBB3j0oWC
Acordádevos que na pestana deste blog titulada "Predición meteorolóxica", podedes ver os partes meteorolóxicos e, na nosa app Aresmeteo, podedes acceder a todos os datos que recolle a nosa estación meteorolóxica dixital.
No hay comentarios:
Publicar un comentario