lunes, 7 de marzo de 2016

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Hoxe 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, sobre todo, é unha reivindicación social e unha ocasión de facer un reconto dos progresos realizados cara ao logro da igualdade de xénero. Aínda que se fixeron moitos progresos, estamos moi lonxe de alcanzar a igualdade de xénero no mundo enteiro. Non hai un só país no mundo onde as mulleres consigan a plena igualdade e o pleno goce dos seus dereitos.
Isto, por si só, debería demostrar a necesidade de manter un forte enfoque na igualdade de xénero e os dereitos das mulleres nas axendas de todos os países. As mulleres teñen unha contribución vital para o logro de sociedades pacíficas e sostibles. É por iso que temos que asegurarnos de que participen plenamente e gocen da igualdade de dereitos en todos os ámbitos da vida.
Para conmemorar esta data, catro alumnas de 4º ESO realizaron un programa especial de radio no que fan un repaso á historia deste día así como un recoñecemento á vertente ferminista de Rosalía de Castro, poetísa que tan ben soubo plasmar na súa obra, que a muller tamén sente e padece, que as mulleres podían protestar,  queixarse do que lles faltaba e do que lles arrebataran, e non contentarse con formar unha familia e calar para sempre.

PROGRAMA DE RADIO


Tamém os nenos e nenas de infantil e primaria traballaron esta data e realizaron uns fermosos murais con mulleres que, ao longo da historia, e co seu traballo deixaron a súa aportación nesta sociedade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario