Hoxe 3 de febreiro desde o CPI Conde de Fenosa de Ares tivemos a oportunidade de conectarnos vía Skype e realizar unha videoconferencia coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os militares e científicos que traballan nesta estación española atópase Javier Cristobo, un aresán que a parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da investigación biolóxica, sendo na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Gijón. En riguroso directo Cristobo e outros componentes da misión (científicos e membros do exército de terra) explicáronnos en que consistía a súa labor e o traballo que estaban a realizar, pero o máis importante foi que os rapaces e rapazas puideron falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de cerca o proxecto que están a realizar. Incluso puidemos apadriñar algún pingüino no programa de apadriñamento que levan a termo na Base Española.
Con grande simpatía
e coñecemento, contestaron cada unha das preguntas formuladas polos rapaces da
ESO e incluso saíron da base para amosarnos o exterior das instalación.
Desde o noso centro
agradecemos á BAE española e a todos os que alí traballan o seu esforzó por
colaborar cos centros educativos acercando a todos os rapaces e rapazas os seus
traballos de investigación e todo o que están a facer tanto militares como
investigadores.
A actividade non
remata aquí, xa que Javier seguirá en contacto con nós e recibirémolo no noso
colexio á volta da súa campaña.
Aquí tedes un pequeno dosier sobre o traballo da Antártida. Premede nel para velo en grande.
Aquí no primeiro vídeo podedes ver un extracto da videoconferencia e no segundo a videoconferencia completa.
E aquí tedes o noso diploma de apadriñamento
NOTAS DE PRENSA
No hay comentarios:
Publicar un comentario