Colorido, desfiles, bailes e
moita alegría é o que se viviu no cole a celebración do Entroido 2016, neste fantástico venres no que o sol e o bo tempo, nos acompañou en toda a
xornada. Como se de un tunel do tempo se tratase, pola rúa pasaron personaxes
de todas as épocas: celtas, romanos, gregos, exipcios, cabaleiros e damas
medievais, piratas, astronautas e ata os mísmisos homes e mulleres dos anos
20.
Todo elo acompañados da fabulosa Charanga
“A Parranda” formada por alumnos e alumnas da ESO, que nos amenizaron o
percorrido con unhas magníficas pezas galegas.
O remate do desfile degustamos
produtos de entroido:orellas, freixos, rosquillas, buñuelos.... Unha xornada estupenda. En
hora boa a todos, e aquí vos deixamos un pequeno vídeo desta data.
y los bailes??
ResponderEliminarLos he mandado a vuestro correo electrónico del colegio. Si alguien no los ha recibido, que me lo comunique.
Eliminar