sábado, 27 de febrero de 2016
VISITA DE ÉRICA ESMORÍS
O martes 23 os alumnos de 5º e 6º de E.P. tivemos a visita da autora Érica Esmorís gañadora do premio Merlín 2015 co seu libro Nena e o mar.
Foi unha sesión moi amena, falamos do seu libro (que estamos a ler),tamén un pouco da súa vida. Contounos que sempre lle gustaron os animais, o mar e escribir(É veterinaria).Escoitamos tamén a banda sonora que se fixo para este libro (o seu mozo é músico).
Para rematar fixémoslle moitas preguntas as que ela respondeu con agrado.

jueves, 25 de febrero de 2016
PREVISIÓN DO TEMPO PARA ESTA FIN DE SEMANA
Raúl, o noso home do tempo desta fin de semana, preséntanos como serán as previsións aínda que xa vos avisamos que teñades a man roupa de abrigo e paraugas!!!!.
miércoles, 24 de febrero de 2016
DÍA DE ROSALÍA: HOMENAXE A NOSA POETISA

O alumnado de primaria elaborou e enviou unha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e coa estrofa de “Alborada” de Cantares gallegos: “ Canta, paxariño alegre...”. Tamén fixemos unha serie de vídeos con poemas da nosa poetisa e a na clase de música da profe Lara cantaron os seus versos. Aquí vos deixamos os vídeos deste excelentes traballos. Esperamos que vos gusten e.... VIVA O DÍA DE ROSALÍA!!!!
martes, 23 de febrero de 2016
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "GALICIA, AUGA E LITERATURA"
Convócase o II Concurso de Fotografía "Galicia, Auga e
Literatura", patrocinado por Viaqua.
Podedes participar cos vosos alumnos enviando os traballos
ata o próximo 10 de maio ao seguinte enderezo:
II Concurso de Fotografía
“Galicia, Auga e Literatura”
La Voz de Galicia
Departamento de Marketing
Polígono Industrial de Sabón
Avenida da Prensa, 84 – 85 15143
Arteixo (A Coruña)
O que se busca con este concurso é achegar a literatura
galega aos escolares de Educación Primaria e Secundaria a través da auga; á vez
que se conciencia sobre os usos e beneficios desta.
E como se consegue isto?. Os alumnos deberán elixir un poema
ou verso determinado nos que a auga estea presente e ilustralo cunha
fotografía. A creatividade e orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a
importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso, terán a
súa recompensa. En concreto, o primeiro e segundo premio para os escolares de
cada categoría será unha Tablet Nevir LCD 8" e unha Cámara Dixital Nikon,
respectivamente. Os profesores, pola súa banda, serán galardoados cunha
estancia dunha noite para dúas persoas en OCA Augas Santas (Pantón - Ourense).
Se tes calquera dúbida, xa podes consultar as bases do
concuso que tes acontinuación:
lunes, 22 de febrero de 2016
Fisioterapia contra a parálise cerebral
O método 'therasuit' produce grandes beneficios contra
patoloxías neuronais. Marcos e Candela, dous exemplos de esforzo e superación
persoal. Desde aquí queremos darlles moitos ánimos porque son estupendos.
NÓS TAMÉN CREAMOS
A Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQOeditora convocan, un curso máis, a V edición dos premios a curtas de animación Nós tamén creamos! O certame está dirixido a alumnado de educación infantil e de primeiro a cuarto de educación primaria. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 8 de marzo.
Atoparedes máis información en:
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0029/edicion-dos-premios-curtas-animacion-galego-emnos-tamen-creamosem
jueves, 18 de febrero de 2016
PREVISIÓN DO TEMPO PARA A FIN DE SEMANA DO 19 DE FEBREIRO
Nerea outra das nosas reporteiras do tempo móstranos as previsións de cara a esta fin de semana. Chover, choverá menos que a semana pasada, pero o frío non hai quen no lo quite do corpo. Como dí o refrán desta semana... "en febreiro sete capas e un sombreiro". Boa fin de semana.
miércoles, 17 de febrero de 2016
jueves, 11 de febrero de 2016
PREVISIÓN DO TEMPO DESTA FIN DE SEMANA
Despois destes días de Entroido e Carnaval pasados por auga e cunha borrasca que deixou tras de si un forte temporal de vento e choiva, deixámosvos a previsión cara esta fin de semana. Seguiremos con choiva e..... Se queredes saber máis podedes ver o vídeo de Lucía, a nosa presentadora desta semana.
sábado, 6 de febrero de 2016
ENTROIDO NO CPI CONDE DE FENOSA
Todo elo acompañados da fabulosa Charanga
“A Parranda” formada por alumnos e alumnas da ESO, que nos amenizaron o
percorrido con unhas magníficas pezas galegas.
O remate do desfile degustamos
produtos de entroido:orellas, freixos, rosquillas, buñuelos.... Unha xornada estupenda. En
hora boa a todos, e aquí vos deixamos un pequeno vídeo desta data.
jueves, 4 de febrero de 2016
PREVISIÓN METEOROLÓXICA PARA A SEMANA DE ENTROIDO
Vera, a nosa reporteira do tempo desta semana, amósanos o tempo que nos espera para estes días de Entroido e Carnaval. Creo que estamos de sorte e mañá venres non choverá, polo que poderemos lucir os nosos disfraces no desfile que realizaremos pola nosa vila.
Aproveitamos para desexarvos a todos e todas unhas felices e divertidas mini vacacións de Entroido.
VIDEO CONFERENCIA COA BAE NA ANTÁRTIDA "GABRIEL DE CASTILLA" E O NOSO CIENTÍFICO ARESAN JAVIER CRISTOBO
Hoxe 3 de febreiro desde o CPI Conde de Fenosa de Ares tivemos a oportunidade de conectarnos vía Skype e realizar unha videoconferencia coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os militares e científicos que traballan nesta estación española atópase Javier Cristobo, un aresán que a parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da investigación biolóxica, sendo na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Gijón. En riguroso directo Cristobo e outros componentes da misión (científicos e membros do exército de terra) explicáronnos en que consistía a súa labor e o traballo que estaban a realizar, pero o máis importante foi que os rapaces e rapazas puideron falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de cerca o proxecto que están a realizar. Incluso puidemos apadriñar algún pingüino no programa de apadriñamento que levan a termo na Base Española.
Desde o noso centro
agradecemos á BAE española e a todos os que alí traballan o seu esforzó por
colaborar cos centros educativos acercando a todos os rapaces e rapazas os seus
traballos de investigación e todo o que están a facer tanto militares como
investigadores.
A actividade non
remata aquí, xa que Javier seguirá en contacto con nós e recibirémolo no noso
colexio á volta da súa campaña.
Aquí tedes un pequeno dosier sobre o traballo da Antártida. Premede nel para velo en grande.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Aquí no primeiro vídeo podedes ver un extracto da videoconferencia e no segundo a videoconferencia completa.
E aquí tedes o noso diploma de apadriñamento
NOTAS DE PRENSA
martes, 2 de febrero de 2016
COMEZAMOS!!!. MANDADOS DO ENTROIDO
Un ano máis chega o entroido, e con el o noso traballo para sair polas rúas e agasallar a todos coa nosa ledicia carnavaleira.
Empezamos coma sempre cos mandados para ir festexando .
Aquí os deixamos para que non se vos esqueza.
MANDADOS
MARTES 2 DE FEBREIRO:
SE QUEREMOS PARECER PATOS
TRAEREMOS DIFERENTES ZAPATOS,
MÉRCORES 3 DE FEBREIRO:
UNHA PAMELA ,UN GORRO OU UN SOMBREIRO
O QUE ANTES ATOPES,POÑERAS PRIMEIRO.
XOVES 4 DE FEBREIRO.
UNHA CAPA(OU SIMILAR) HAS POÑER,
SEXAS HOME OU MULLER.
Empezamos coma sempre cos mandados para ir festexando .
Aquí os deixamos para que non se vos esqueza.
MANDADOS
MARTES 2 DE FEBREIRO:
SE QUEREMOS PARECER PATOS
TRAEREMOS DIFERENTES ZAPATOS,
MÉRCORES 3 DE FEBREIRO:
UNHA PAMELA ,UN GORRO OU UN SOMBREIRO
O QUE ANTES ATOPES,POÑERAS PRIMEIRO.
XOVES 4 DE FEBREIRO.
UNHA CAPA(OU SIMILAR) HAS POÑER,
SEXAS HOME OU MULLER.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)