sábado, 30 de mayo de 2015
ANXO MOURE
Este xoves os nenos de Educación Infantil tivemos una sesión de animación con Anxo Moure, promovida pola nosa biblioteca Carabela coa axuda do Consorcio editorial.
Pasámolo moi ben!!!!













domingo, 24 de mayo de 2015
FINALISTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2015
O CPI Conde de Fenosa
xa está na recta final dos premios do Festival Audiovisual Olloboi 2015. O noso
centro co vídeo “Meteorefráns” realizado polas profes e o alumnado de 3º de primaria, foi seleccionado como finalista na categoría
“Especial Embarcacións Tradicionais”.
Parabéns a todos os alumnos e alumnas que participáchedes no
vídeo, e por suposto a todas as profes polo voso traballo e entusiasmo.
Os premios serán fallados na gala que terá lugar o vindeiro
sábado 30 de maio en Boiro, gala que será conducida polos actores Federico
Pérez e X.A. Touriñán e a actriz Sabela Hermida, e coa colaboración musical do
alumnado de Música do CPI de Dodro.
Parabéns tamén ao colectivo de Monferosolidario do CPI Virxe
da Cela que resultou finalista na categoría “Peleóns”, categoría que premia aos
audiovisuais coa temática máis reivindicativa e comprometida.
Aquí deixamos o vídeo finalista:
lunes, 18 de mayo de 2015
FALLADOS OS PREMIOS DO III CONCURSO DE RELATO CURTO "CONCELLO DE ARES"
Nun acto que tivo lugar este venres 15 de maio, a Concellería de Cultura entregou os premios do Concuso de Relato Curto
"Concello de Ares", no que participaron rapaces e rapazas da ESO.

Tras unha longa deliberación do xurado integrado por Xosé
Manuel Ramos Vázquez, Vanesa Sánchez Filgueira e Antonio Seijas Cruz, foi Verónica
Rodríguez Martínez coa obra “Rutina” quen resultou a vencedora do certame na
categoría de 1º e 2º da ESO. O segundo premio resultou para Lara Fonte Allegue,
autora da narración “O golpe máxico”. O primeiro premio na categoría de 3º e 4º
da ESO foi para Marta Rivera Beceiro pola obra “Só son”, resultando gañadora do
segundo premio Ana Martínez Fernández, autora da obra co título “Redes”.
Ademais, os integrantes do xurado decidiron facer unha mención aos traballos
presentados por Mayoya Martínez Dragó, “As cores da alma”, e Mercedes Sande
Doce con “Loita contra a luz”.
Tanto o alcalde como o concelleiro de Cultura presentes no
acto destacaron o número de obras que concurriron a este concurso e, o que é
máis importante, o elevado nivel de todas elas, o que fixo traballar a reo ao
xurado.
A iniciativa, inclúese dentro das actividades que a área de
Cultura organiza para conmemorar o Día das Letras Galegas, motivo polo cal
todas as obras presentadas ao concurso debían estar presentadas en galego.
SEMANA 5: ÚLTIMA SEMANA DE PREGUNTÓN
Ola a todos e todas. Xa chegamos a nosa última semana de Preguntón, así que afinade ben os miolos para acertar o máximo número de preguntas posibles. Aquí as tedes.
Premede na imaxe para vela en grande
sábado, 16 de mayo de 2015
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Feliz
día das letras galegas!!!
Podedes ver o vídeo pendurado máis abaixo
jueves, 14 de mayo de 2015
Gaiás video promocional
Na nosa visita ao GAIÁS fíxose un video promocinal das visitas. Os nosos alumnos formaron parte del.Enviaronnos o enlace para poder velo,
Compartímolo con todos vos.
Video cidade da cultura de Producción miramemira
lunes, 11 de mayo de 2015
PREGUNTAS DA CUARTA SEMANA DO PREGUNTÓN
Xa chegamos a cuarta semana do Preguntón. Aquí tedes as cuestións correspondentes a esta quenda. Ánimo!!!
Premede na imaxe para vela en grande
LIPDUB VILA SOÑARES
O proxecto de Vila SoñAres
comezou cun obxectivo básico e fundamental, fomentar a inclusión, neste caso,
das persoas xordas, desenvolvendo capacidades de empatía e cooperación coma
inicio do camiño cara ao respecto e á maravillosa diversidade. Todos necesitamos
a comunicación e a lingua para construir o pensamento, organizar o mundo que
nos rodea e interactuar. Para a gran maioría das persoas xordas a ferramenta
para adquirir todo iso é a Lingua de Signos.
Gracias a colaboración de todos
os profesores e en especial do alumnado do CPI Conde de Fenosa, puidose comezar
a SOÑAR nun mundo sen barreiras, tanto visibles como invisibles, as cales non
nos deixan medrar, compartir e descubrirnos.
Aí vos queda a mostra!!!
jueves, 7 de mayo de 2015
PREMIO ONCE
Dende o noso blogue quero felicitar aos meus alumnos de 5ºB de E.P polo primeiro premio acadado a nivel provincial no concurso da ONCE no que hai pouco participamos.O traballo consistía en elaborar unha noticia sobre as empresas solidarias.O lema "PERSOAS QUE PENSAN EN PERSOAS"
Visitamos en Santiago unha lavandería ILUNION, alí todo foron atencións cara os nenos e eles mostraronse tamén moi interesados en todo o que Rafa( o director da empresa) lles dicia. Saliron de alí sabendo como as persoas con discapacidades poden levar a cabo o seu traballo coma todos nós.(Eles tiñan outra idea sobre a discapacidade)
Tamén quero dar gracias a Yoli, que nos acompañou nesta viaxe e prestou en todo momento a sua colaboración.
Agora o noso traballo vai a fase autonómica, pero nos xa nos sentimos gañadores,sexa cal sexa o seguinte paso....
NORABOA RAPACES !!!!!!!!
Aquí deixamos o traballo gañador. Esperamos que vos guste a todos!!!!!!!
miércoles, 6 de mayo de 2015
XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR
martes, 5 de mayo de 2015
SOGAMA
Hai uns días traballamos a reciclaxe nunhas charlas que dende SOGAMA nos viñeron dar. Foron moi interesentes,amosáronnos como debemos utilizar os diferentes tipos de contenedores, segundo a súa cor, a regra dos tres R...... Todos debemos contribuír a manter o noso mundo máis limpo e non esgotar os recursos naturais. Temos que ter en conta que se todos facemos ben as cousas,deixaremos un mundo mellor.
VIAXE A SANTIAGO DO 3º CICCLO
Os alumnos do 3º ciclo,fixemos o 23 de abril unha viaxe educativa a Santiago. En primeiro lugar visitamos o CITIUS Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información e o CIQUSCentro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares .Quedamos todos entusiasmados facendo experimentos e aprendendo moitas cousas. Coido que a partires dese día todos pensamos ser "UN POUCO CIENTÏFICOS". Non poderíamos dicir o que máis nos gustou,porque non saberíamos que elexir. Queremos dar as grazas a toda esa xente que a o longo da mañá nos permitiú ver e experimentar tantas cousas...... GRAZAS! Deixamos aqui un bo recordo da nosa visita.
Despois da visita da mañá, fumos xantar ao GAIÄS. Despois acompañados duns monitores e divididos en grupos fomos recorrendo o Camiño de Santiago, pois esa era a exposición que nos amosaron. Pareceunos moi interesante pois é algo moi cercano a nós.Xa ao final montamos uns recortables en cómic do camiño. É para despedida deslizámonos polos telladiños....... Pasámolo Xenial!!! Ainda que os pantalons sufriron un gran desgaste (Sabemos a que nos referimos). Tamén deixamos conta diso.
lunes, 4 de mayo de 2015
PREGUNTAS DA SEMANA 3
Aquí tedes as preguntas desta terceira semana de preguntón. Ánimo que xa queda pouco para rematar o Preguntón deste 2015.
Preme na imaxe para cela en grande.
RESPOSTAS DA SEGUNDA SEMANA.
Aquí tedes as respostas das preguntas da segunda semana. Espero que acertarades todas.
Preme na imaxe para vela en grande!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)