lunes, 18 de mayo de 2015

FALLADOS OS PREMIOS DO III CONCURSO DE RELATO CURTO "CONCELLO DE ARES"

Nun acto que tivo lugar este venres 15 de maio, a Concellería de Cultura entregou os premios do Concuso de Relato Curto "Concello de Ares", no que participaron rapaces e rapazas da ESO.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto co concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, e a edil de Comercio e Industria Alma Barrón, fixeron entrega dos premios nun  acto celebrado na Alianza Aresana e no que estiveron presentes os rapaces e rapazas que presentaron as súas obras ao certame literario.
Tras unha longa deliberación do xurado integrado por Xosé Manuel Ramos Vázquez, Vanesa Sánchez Filgueira e Antonio Seijas Cruz, foi Verónica Rodríguez Martínez coa obra “Rutina” quen resultou a vencedora do certame na categoría de 1º e 2º da ESO. O segundo premio resultou para Lara Fonte Allegue, autora da narración “O golpe máxico”. O primeiro premio na categoría de 3º e 4º da ESO foi para Marta Rivera Beceiro pola obra “Só son”, resultando gañadora do segundo premio Ana Martínez Fernández, autora da obra co título “Redes”. Ademais, os integrantes do xurado decidiron facer unha mención aos traballos presentados por Mayoya Martínez Dragó, “As cores da alma”, e Mercedes Sande Doce con “Loita contra a luz”.
Tanto o alcalde como o concelleiro de Cultura presentes no acto destacaron o número de obras que concurriron a este concurso e, o que é máis importante, o elevado nivel de todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado.

A iniciativa, inclúese dentro das actividades que a área de Cultura organiza para conmemorar o Día das Letras Galegas, motivo polo cal todas as obras presentadas ao concurso debían estar presentadas en galego.

En hora boa a todos e todas as participantes e, en especial, aos gañadores/as.



No hay comentarios:

Publicar un comentario