A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis de tres millóns de persoas
dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha iniciativa que agrupa a
numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que
vivimos, e para recoñecer todo o que os colaboradores das ONGs fan día a
día.
O noso cole leva mostrando o seu compromiso coa solidariedade en diferentes
proxectos, e neste día, venres 24 de xuño, queremos mostrar a todo o mundo
que podemos dar a volta ás cousas. Deixamos a nosa testemuña a través dos
retratos dos rapaces e rapazas e dos profes, que decidiron exhibir unha prenda
de vestir ao revés, sumándose a este soño de cambiar o mundo e de dar volta ás
cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario