O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura
central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño
(Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais
tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa
implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia
de Galicia no que participou como actor, como director, como
iluminador...
É de destacar desta
inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está
escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional
funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron
estreitamente ligado a ela.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e
o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos
diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos
centros escolares os seguintes materiais que atoparedes nos enlaces de abaixo.
- • Guía
e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación
infantil e primaria, “Autor, actor e público do aquí”, elaborados polo
CEIP ADR Castelao de Rianxo. • Guía e carteis para educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario