Xuntos
por un obxectivo común: que todos os nenos e nenas teñan as mesmas
oportunidades. Este é o lema co que o alumnado de secundaria do
CPI Conde de Fenosa de Ares afrontou a II Maratón Solidaria que se
realizou no noso centro.
Cada rapaz
e rapaza abonou 1 € por inscribirse na carreira. Tamén buscaron patrocinadores
entre os seus familiares e os comercios e empresas do concello. A recadación que ascendeu a 450 euros foi a parar a
través da ONG “Save the Children” aos nenos e nenas da rexión do Sahel (zona entre o deserto do Sáhara no
norte e a sabana sudanesa no sur).
Os rapaces
estiveron apoiados pola atleta aresana Paula Mayobre que, como na anterior edición, acompañou aos rapaces/as
neste evento.
Por outra
banda o centro realizou por cuarto ano consecutivo a “Operación Quilo de Nadal”
na que se recolleron 500 quilos de alimentos que foron levados onte, a dúas
institucións benéfico sociais, Cociña Económica de Ferrol e Cáritas de Ares.
Agradecemos
ao Concello a súa colaboración transportando os alimentos ás
institucións sinaladas así como no transcurso da Maratón Solidaria controlando o
tráfico e a carreira.
Aqui deixámosvos un avance da reportaxe que proximamente poderedes ver neste blogue.
En hora boa pola carreira e pola recadación!Estades feitos todos uns deportistas! (É verdade que uns e unhas máis que outros)
ResponderEliminarXa que vos animastes a correr e xa que o fixestes tan ben, comentade a vosa experiencia no blog; seguro que todos tedes algunha anécdota que contar.