O noso amigo aresán Javier Cristobo que , como todos sabemos, colaborou este curso con nós realizando unha serie de actividades entre as que destacou unha videoconferencia en rigoroso directo coa Antártida, veu a visitarnos ao cole o último día de clase e regalounos unha magnífica charla sobre o seu paso pola Antártida, o seu traballo, ensionounos vídeos e fotografías da flora e fauna, puidemos facerlle preguntas... A verdade é que non podemos máis que agradecer a Javier, que veu desde Gijón onde traballa como director do Instituto Oceanográfico, a súa dispoñibilidade e xenerosidade para con todos nós, darlle as grazas por todo e invitalo a que volva outra vez e siga colaborando con nós. Grazas Javier.
Na revista escolar "ALBARES", podedes ler un artigo sobre el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario