Este é o derradeiro curso no que contaremos coa presenza como profesor de Vilariño. Despois de 25 anos no noso centro, vai a pasar a mellor vida, e decir,xubílase, comezando asi unha etapa de merecido descanso, que non de inactividade. Por iso os seus alumnos quixeron darlle unha sorpresa e preparáronlle unha festa de despedida. Fixeronlle unha serie de agasallos moi fermosos e lle gravaron un pequeno vídeo de homenaxe como recordo. A verdade é que foi un acto moi emotivo. Desde aqui queremos desexarlle ao noso profe e compañeiro Vilariño toda a sorte do mundo e invitalo a que nos veña a visitar de vez en cando.
Aqui vos deixamos unha foto da festa sorpresa e o video dos rapaces/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario