sábado, 19 de mayo de 2012

ARES SOLIDARIO COS ALUMN@S QUE VIAXAN A TOULOUSSE

A agrupación Ares Solidario realizou o 17 de maio, Día das Letras Galegas, un evento para axudar a recadar fondos para a viaxe que os alumn@s de 3º realizarán a Toulousse. Como sabedes estes alumn@s do noso cole competirán o 1 de xuño, no "XX Rallye Matemático sen fronteiras". Ares Solidario xunto con nais dos alumn@s que viaxarán a Toulousse puxéronse máns a obra e fixeron unha morea de dulces, tartas e postres que venderon a un módico precio de 1 euro. Ademais poideronse regar con chupitos de " Meigas Fora", por suposto para os máis maiores e de fanta e refrescos para os pequenos. A iniciativa foi todo un éxito xa que se recadaron 796,14 euros que Ares Solidario donará á causa. Gracias a toda a xente que participou no evento: Ares Solidario, Meigas Fora e os pais e nais dos nen@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario