domingo, 10 de abril de 2011

SAME 2011 no CPI “Conde de Fenosa”: A educación non é un conto, polos dereitos das nenas e as mulleres

Desde o noso centro queremos unirnos á Campaña Mundial pola Educación e ás accións da SAME 2011.

Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E As MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos para lembrar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén lembren e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.

Para iso, a actividade central da SAME 2011 consistirá na GRANDE HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falla desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas. Unha Grande Historia, que fale sobre os dereitos das nenas e as mulleres e como a oportunidade para ir á escola cambiou o rumbo das súas vidas.

Axúdanos a mostrar que a educación de calidade é necesaria para todos e todas.

Como podes facelo:

• Podes enviar o teu conto a: a.gomez@entreculturas.org, e quedará colgado aquí na nosa páxina web. Así mesmo, tamén a colgaremos, se non o fixeches ti mesmo, na páxina internacional da CME.

• Podes colgar ti mesmo o relato a través da páxina internacional da Campaña Mundial pola educación, http://www.cme-espana.org/: Como? Só tes que asinar (Sign Up), escribir os teus datos (como persoa particular ou como profesor-organizador) e escribir unha pequena historia que quedará reflectida. Así poderás ler tamén as diferentes historias que se escribiron nos demais países.

 Cantos máis relatos teñamos en todo o mundo máis alto e máis claro quedará a mensaxe!


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario