sábado, 19 de febrero de 2011

Ola a todas e todos!

Algúns xa o coñecedes e a outros xa vos falamos dun concurso de caligramas, o V, que convoca todos os anos o IES Castro da Uz. Achegámosvos as bases para participardes. FIXÁDEVOS QUE PREMIOS!

O próximo día comentámolo na aula.


O grupo de biblioteca do IES Castro da Uz –As Pontes-, convoca o Vº Concurso de Caligramas coas seguintes bases:
1.- Consideramos “caligrama” un texto, xeralmente poético, no que se emprega a disposición das letras ou palabras, a tipografía ou a caligrafía para tentar representar o contido do poema ou tema.
2.- Poderá participar calquera estudante, de primaria, secundaria, bacharelato ou ciclos formativos.
3.- Cada concursante participará con un caligrama, orixinal e inédito. As obras non irán asinadas e o tema será: “O FINAL máis impactante das miñas lecturas.
4.- Os caligramas presentaranse en CARTOLINA tamaño DINA4 e poderán ser manuscritos ou a ordenador.
5.- O prazo de admisión de orixinais remata o 8 de abril de 2011. As obras presentaranse no IES Castro da uz –en horario lectivo- ou enviaranse ao enderezo: IES Castro da uz, R/ José María Penabad López s/n. (cp 15320), As Pontes, A Coruña, indicando no sobre “5º Concurso de Caligramas”. ( De ser varios alumnos e alumnas os/as que participen dun mesmo centro, os caligramas poderán enviarse nun único sobre que conteña as obras e os datos identificativos de todos/-as os/ as participantes).


6.- O caligrama non irá asinado; identificarase cun pseudónimo na parte traseira deste. Meterase nun sobre xunto a un folio que conteña a seguinte información: pseudónimo e nome e apelidos do autor ou autora do caligrama, enderezo persoal ou do centro de ensino, teléfono de contacto, correo electrónico e D.N.I. -se tivese-, así como o centro no que estuda e o curso. Tamén se incluirá o texto que se utilizou para deseñar o caligrama.. De non conter esta identificación os caligramas quedarán excluídos do concurso.
7- O xurado fará unha preselección dos caligramas presentados a concurso.
8.- PREMIOS:
Primeiro Premio - Secundaria, BAC e ciclos formativos: Un fin de semana para tres persoas nunha casa de turismo rural ou balneario ( a canxear en Halcón Viajes, R/ Antón Fraguas, 3-27001- Lugo).

Primeiro Premio – Primaria- : MP5 de 8GB e pantalla de 4 pulgadas.




(De non presentarse concursantes nalgunha das modalidades, o seu premio pasará a considerarse un2º premio para as modalidades participantes).
Elaborarase un libro con todos os caligramas preseleccionados e entregarase un exemplar aos centros nos que estean matriculados os/as gañadores/as.
As obras pasarán a ser propiedade da biblioteca do IES Castro da uz. e cos caligramas presentados realizarase unha escolma para seren colocados na biblioteca do Centro.
9.- O Xurado estará constituído por membros da comunidade educativa do IES Castro da uz e a súa decisión será inapelable. O fallo realizarase na última semana de abril de 2011.O resultado será notificado aos/ás gañadores/as e aos centros nos que se encontran matriculados vía e-mail e telefónica.
10.- O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.
SORTE A TODOS E A TODAS!!!
Grupo de Biblioteca do IES CASTRO DA UZ, 1 de febreiro de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario