A
conmemoración do Día de Rosalia non foi unha celebración calquera. Aproveitando
que este curso estamos mergullados no proxecto de centro "Sen perder o
fío, tecendo ideas", decidimos que a mellor homenaxe á nosa autora máis
universal era demostrar que a súa figura e a súa mensaxe seguen tan vivas e
actuais como o primeiro día.
O alumnado de Infantil, Primaria e ESO puxo mans á obra para crear uns murais moi especiais onde a protagonista absoluta foi a nosa "estrela de ouro".
👗 Unha Rosalia para cada época
O reto era fascinante: vestir a Rosalia á moda de distintas épocas. Dende os traxes máis clásicos ata estilos futuristas ou urbanos, os rapaces e rapazas exploraron a estética de diferentes décadas para reflectir a atemporalidade da poeta.
Ao cambiar o seu vestiario, os alumnos e alumnas comprenderon que, aínda que a moda cambie co paso dos séculos, o "fío" que nos une a Rosalia —a súa defensa da lingua, da terra e da xustiza— permanece intacto.
"Porque aínda que pasen os anos, a súa voz sempre nos queda ben."





.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario