miércoles, 29 de diciembre de 2021
miércoles, 22 de diciembre de 2021
martes, 21 de diciembre de 2021
XI CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. CPI AS MIRANDAS
Un ano máis, e xa van once, o noso centro organizou a Carreira Quilómetros de Solidariedade para colaborar coa ONG “Save the Children”. Desde o noso centro agradecemos a todo o alumnado e profesorado a participación na carreira solidaria e por suposto, á nosa atleta Paula Mayobre, madriña da carreira, por apoiar esta causa e acompañarnos durante todos estes anos.
Grazas tamén as familias por patrocinar
coas súas aportacións esta carreira, a deportes MARVI pola doazón das medallas,
á policía local de Ares e a protección civil.
BO NADAL E FELICES FESTAS
CPI AS MIRANDAS: CONSTRUÍNDO
UN MUNDO MELLOR
ESO
INFANTIL
jueves, 25 de noviembre de 2021
MARCHA POLA IGUALDADE NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER
Hoxe, 25 de novembro o alumnado e profesorado da ESO do CPI As Mirandas, en colaboración cos Servizos Sociais de Ares e o Centro de Información á Muller (CIM) realizamos conxuntamente unha Marcha pola Igualdade neste Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Alumnas e alumnos do centro leron
un manifesto de compromiso para condenar a violencia e recordar que debemos
seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos
os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde
os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes
políticos.
O CPI AS MIRANDAS E O CPIP VIRXE DA CELA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
jueves, 18 de noviembre de 2021
20 Novembro. DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS. CPI AS MIRANDAS
sábado, 13 de noviembre de 2021
EXPLORANDO O PATRIMONIO NATURAL DA NOSA VILA


Os nenos e nenas realizaron saídas pola contorna da localidade ata chegar ao Parque Rosalía de Castro, onde colocaron os niños realizados na clase e que servirán de futuro fogar para os paxaros, xa na primavera.
#ConcellodeAres #CPIAsMirandas #ConcelleriaMedioambienteAres
sábado, 30 de octubre de 2021
SAMAÍN 2021
TAMÉN OS RAPACES E RAPAZAS DO 3º CICLO DE PRIMARIA FIXERON MOITAS ACTIVIDADES PARA A
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.
Dende o equipo do Erasmus+ propuxéronnos como actividade a
creación dun vasos con motivos de "Samaín". Así de terroríficos
quedáronnos!
Fixemos un mural titulado "Fear Dates" ou "Citas
de medo". En cada clase eliximos diferentes personaxes típicos do Samaín e
deseñamos unha ficha de presentación, co fin de que cada personaxe puidera
encontrar ao seu amigo/a compatible. Seguirán coñecéndose?
Nas clases de 6º na área de lingua galega traballamos os
caligramas. Un caligrama é un poema que reproduce unha imaxe mediante a palabra
escrita. Primeiro deseñamos estrofas relacionadas co Samaín, logo debuxamos a
silueta do noso debuxo, despois integramos as estrofas no debuxo e por último o
pintamos e decoramos. Así de bonitos locen agora no noso corredor.
miércoles, 27 de octubre de 2021
OS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA VISITAN O CONCELLO
O salón de plenos do noso Concello acolleu onte pola mañá a visita dos 32 escolares de 2º de primaria acompañados polas súas profesoras, Lucía e Paula. A visita tivo unha dobre finalidade: realizar unha petición aos representantes municipais e, aproveitando a ocasión, coñecer o funcionamento da institución local.
Así, desde os asentos dos concelleiros formularon a súa proposta a Alma Barrón, primeira Tenente Alcalde da localidade, que foi a encargada da recepción e de dar as explicacións a todas as cuestións plantexadas.
Nunha primeira quenda adicada ás propostas os nenos e nenas expuxeron a súa solicitude dun local ao Concello para poder levar a cabo unha exposición. Tras debater diversas posibilidades finalmente acadouse un acordo de cesión dun espazo municipal no que se realizará esta actividade. A continuación, abriuse unha rolda de preguntas centradas en numerosos aspectos do funcionamento do Concello e a figura dos membros da corporación, tales como que é ser concelleiro, como se chama o alcalde, en que consiste o seu traballo, como se chega a ser concelleiro, si é posible compaxinar esta labor con outras dedicacións… e das que xurdiu a idea de poder facer un proceso electoral no colexio do que saia o delegado da clase!
Como vemos...unha visita moi produtiva!
TÍRALLE DA LINGUA 2021
Queda convocado o XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua.
Podedes ver e oír os vídeos e audios dos centros participantes o ano pasado nesta ligazón: Tíralle da lingua 2020
BASES DO CONCURSO
viernes, 15 de octubre de 2021
lunes, 4 de octubre de 2021
SEGUNDO OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DA MAN DO FOTÓGRAFO MARCOS LÓPEZ
Dende aquí queremos dar as grazas a Marcos por este xenial obradoiro e esperamos
estar á altura das túas ensinanzas.
miércoles, 29 de septiembre de 2021
SÚBETE AO GALEGO. 1 DE OUTUBRO, "DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE"
Dende o ano 2014 Galicia celebra o Día do Orgullo Neofalante co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega entre aquelas persoas que non o falan de xeito habitual.
A conmemoración coincide, ademais, coa data
do nacemento dunha das voces máis icónicas do panorama
musical galego e da comarca, Andrés Dobarro (nado o propio o 1 de outubro de 1947) e que levou o galego aos grandes éxitos, demostrando así o
valor da universalidade, utilidade e vitalidade da lingua.
Por primeira vez en Ferrolterra, agruparanse esforzos
dende o eido institucional para impulsar o documental “Barullo”, promovendo o
seu uso nos centros de ensino, asociacións e diversas entidades coa intención
de difundir o momento que está a vivir na actualidade a música galega, un motor
de dinamización do emprego do galego moi desenvolto.
BARULLO: Documental acerca da diversidade musical en lingua
galega, con testemuñas e actuacións de grupos de pop, rock, tradicional, rap,
canción de autor....Un filme de interese para público xeral, aínda que
creado especialmente para aulas de escolas e institutos.
martes, 28 de septiembre de 2021
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA
Hoxe no noso colexio, a través da Concellería de Cultura, o alumnado de 4º ESO tivo un obradoiro impartido polo fotógrafo Xoel Rodríguez. Nel os rapaces e rapazas puideron aprender técnicas e conceptos básicos así como ferramentas para facer fotos profesionais e poñer ás a súa creatividade.
O obradoiro continuou cunha saída fotográfica pola nosa vila na que nos acompañou Xoel. Os rapaces e rapazas puideron poñer en práctica o aprendido no obradoiro e facer fotografías que presentarán ao Concurso de Fotografía Xuvenil do Concello de Ares.
Grazas á concelleira Alma Barrón e Xoel Rodríguez pola organización deste obradoiro.