En condicións normais estariamos ao celebrar no noso cole con diversidade de actividades desde o noso Equipo de Dinamización Lingüística e a nosa Biblioteca Carabela, pero a pesares da ausencia sabemos que nas vosas marabillosas mentes foron aflorando ideas para facer máis amena a estancia na casa. Nestes tempos de confinamento, a mellor opción é apostar polos libros que nos convidan a viaxar, a embarcarse en historias incribles, a saír das nosas casas e mergullarnos en universos alternativos. A través deles viaxamos por este mundo e polas estrelas, vivimos aventuras formidables, sentimos emocións extraordinarias, facemos amizades literarias, vencemos inimigos imaxinarios, compartimos vivencias intensísimas e sentímonos máis vivos e libres.
Sei que moitos de vós tedes sentido na vosa propia pel esta terapia
formidable da lectura, como así o
reflectides en tódalas fotos que nos estivéchedes enviando durante esta etapa de confinamento.
Con todas elas quixemos facer este vídeo, non só para conmemorar o Día do Libro senón tamén para render unha merecida homenaxe a todos vós queridos alumnxs, ás vosas familias, aos profes e a todo o persoal da nosa magnífica comunidade educativa do CPI As Mirandas.

Moito ánimo, apertas a moreas
e.... vémonos pronto, no o dubidedes.
Querémosvos. Bicos mil
No hay comentarios:
Publicar un comentario