Parece que todos os días semellan iguais, máis este luns, 25
de novembro, Día
Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos
dun xeito especial, denunciar e levantar á nosa voz contra
esta lacra. A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes
violacións dos Dereitos Humanos e continúa progresando no ámbito global.
Algo estamos a construír mal nesta sociedade cando non
somos capaces de resolver os conflitos coa palabra. Vivimos nun mundo no que
cada vez se vai máis rápido e no que o individualismo e o poder é o que conta.
Debemos espertar as nosas conciencias ante as inxustizas e o sufrimento.
Debemos pararnos e sentir que cada morte, cada acto violento fainos a todos e a
todas vulnerables.
É por iso polo que debemos seguir insistindo en
campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da
sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios,
cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.
No noso centro o alumnado de 4º ESO
tomou a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade
educativa e a toda a sociedade en xeral a través de varios audiovisuais que podedes ver máis
abaixo.
No primeiro gravaron un programa onde entrevistaron
ás responsables do CIM (Centro de Información á Muller) do concello de Ares e a
varios profesores do noso centro que respostaron amablemente ás súas preguntas.
Nos segundos, María, Valentina, Andrea e
Marcela poñen as súas voces para narrar como sinte unha muller a indiferenza, a
humillación ou a dor polo simple feito de ser muller.
Parabéns
ao alumnado de 4º de ESO polo traballo e por suposto a todas e todos os que
colaboraron dalgún xeito na súa realización.
Así mesmo en colaboración co CPI Virxe da Cela de Monfero, realizouse unha exposición de carteis creados polos alumnos/as de ESO de ámbolos dous centros na que mostran, a través da imaxe, a súa visión sobre esta data. (Podedes premer na imaxe para velos en grande).
Por último dicir
que, a todos os que formamos parte do CPI
As Mirandas, encantaríanos que moi pronto, o 25 de novembro, Día
Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque
celebrar este día, deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para
que nos demos conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e
liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe
someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na
igualdade e loitando pola dignidade de todos e todas.
Finalizamos coas
verbas dunha excepcional muller, Clara Campoamor quen dixo:
“ACUSEI AS
INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO
QUE O MEU SILENCIO AS ABSOLVA”
A pesar das
nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para
conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todas e todos.
Porque
queremos outro mundo, e sabemos que é posible....
CONSTRUÁMOLO
ENTRE TODOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario