Este curso o noso centro está
inscrito no Concurso PILABOT, para fomentar a recollida de
pilas e acumuladores portátiles entre toda a Comunidade Educativa. Así alumnado
de 3º e 1º de ESO estiveron a facer Campaña de Sensibilización en todos os
cursos co propósito de concienciar e fomentar a reciclaxe. Todos os nenos e nenas
recibiron información sobre a campaña e levaron para a súa casa unha pequena caixa contedora para
recoller as pilas e acumuladores usados. Animamos a todos a colaborar coa reciclaxe xa que necesítase a colaboración de toda a sociedade.
Nunca debemos tirar as pilas usadas co resto do lixo ou, o que é aínda peor, arroxalas sen control.
Para que as túas pilas usadas poidan ser
recicladas, é preciso:
- Realizar unha recollida selectiva dentro do fogar, apartando as pilas do resto de residuos.
- Levar as pilas usadas a un contedor especial que podemos atopar no noso centro educativo, centros públicos como o Concello, comercios ou puntos limpos.
Nunca debemos tirar as pilas usadas co resto do lixo ou, o que é aínda peor, arroxalas sen control.
No hay comentarios:
Publicar un comentario